Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

XVII edición Festival de Cans

A organización do Festival de Cans decidiu aprazar a celebración da XVII edición do Festival, prevista inicialmente para finais de maio, e trasladala para a primeira semana do mes de setembro, con aforo reducido e venda de entradas.

Cando:

Dende o 02/09/2020 ata o 05/09/2020

Entradas á venda dende o 27/07/2020 en https://tenda.festivaldecans.com/

Prezo:

Venderanse dous tipos de oferta de packs:

  • Pack matinal: consta dunha entrada, camiseta, chapa, programa e asistencia a un coloquio, custa 20€ máis gastos de xestión.
  • Pack de tarde: inclúe entrada, camiseta, chapa , programa, e acceso a coloquios, gala e concerto. O seu prezo será de 25€ máis gastos de xestión.

Se sobrase alguna entrada logo da venda dos packs, a partir do 8 de agosto poñeranse á venda por separado, tanto para proxecións, como para coloquios ou actuacións musicais.

Requisitos:

  • Nesta edición só poderán acceder ás proxecións, coloquios na Leira, e actuacións persoas que teñan unha entrada, debido á necesidade de ter un control do aforo.
  • Todas as persoas deberán cumprir as normas vixentes de uso de mascarilla, hixiene e distanciamento social.
  • O autobús a Cans só subirá, tanto de mañá como de tarde, un tope máximo de persoas vencelladas á compra de entrada ou que estean rexistradas ou acreditadas, e non se facilitará na aldea ningún espazo para parkings.

Páxina web:

http://www.festivaldecans.gal/

Contacto:

Asociación Cultural Arela

Camiño Fontevella, 3, 2ºC

36400 - O Porriño (Pontevedra)

Email: festivaldecans@festivaldecans.com

A estrea do filme "A illa das mentiras", antes de que a súa distribución chegue ás salas de cinema, servirá para abrir a XVII edición do Festival de Cans. A agardada longametraxe da debutante Paula Cons, comparte ademais protagonismo este ano coa homenaxe a Chano Piñeiro e a súa figura, que o festival prepara para conmemorar o vixésimo quinto aniversario do seu pasamento. Á figura do creador de clásicos do audiovisual galego coma "Mamasunción" ou 'Sempre Xonxa" adicáselle o cartaz do certame deste ano, a través da figura icónica do seu personaxe Caladiño.

Unha das principais novidades, será o novo Espazo Estrella Galicia da Leira do Río, onde terán lugar todos os coloquios e actuacións musicais. Este espazo, unha zona de máis de 2.000 metros cadrados cedida pola Asociación de Veciños de Cans, terá unha carpa aberta que poderá acoller un máximo de 300 persoas sentadas separadas, que deberán acceder cunha entrada, e todas as actividades rematarán antes da medianoite.

O director de cine Oliver Laxe, un dos directores de maior prestixio internacional, e o coñecido músico Hendrick Rover, fundador do mítico grupo Los Deltonos, serán dous dos principais convidados na XVII edición do Festival de Cans.

O director Oliver Laxe, será este ano o protagonista do coloquio na Leira, no mediodía do sábado, 5 de setembro. A ollada de Oliver Laxe é unha das máis celebradas nos últimos anos no panorama do cinema europeo actual. Director do aclamado filme "O que Arde", premiado en Cannes e gañador de dous Goyas. En Cans falará de cine, pero tamén do seu novo proxecto para promover un gran espazo cultural vinculado ó cine, nunha zona rural dos Ancares, idea que enlaza con moitas das bases do Festival de Cans. Laxe chega ó Espazo Estrella Galicia da Leira do Río, para manter co público o encontro central do Festival, tomando o relevo doutros directores de prestixio como Rodrigo Sorogoyen, Fernando Trueba ou Gracia Querejeta, que pasaron por Cans nos último s anos.

Na tardiña dese mesmo sábado, 5 de Setembro, o Espazo Estrella Galicia da Leira do Río, acollerá o concerto de Hendrick Rover e Los Míticos GTS, a nova banda do mítico líder de Los Deltonos, un dos músicos máis respectados da escena rock independente. Coa súa nova formación, Rover segue desenvolvendo unha interesante traxectoria musical, co blues como fina capa de fondo. Tras a actuación de Rover, procederase á gala de entrega de premios e posterior peche do festival.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión