Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña

Nas páxinas web municipais utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar os nosos servizos mediante a análise dos seus hábitos de navegación. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou coñecer como cambiar a configuración, na nosa páxina de "Normas de uso".

Concello da Coruña

CMIX

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

  • Compartir
  • Engadir á túa axenda
  • Engadir ao meu móbil | 
  • Imprimir

Axudas para actividades de formación en linguas estranxeiras 2020

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional convoca axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2020, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

Inscricións:

Dende o 27/02/2020 ata o 26/03/2020

Segundo o establecido na disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19 e no apartado sétimo do Acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19,  interrómpese o prazo para a presentación de solicitudes deste procedemento, que queda en suspenso.

Prezo:

As familias achegarán as cantidades que correspondan á empresa adxudicataria encargada da organización técnica da actividade, de acordo coas contías establecidas no anexo IV da convocatoria.

O programa inclúe:

  • No caso das actividades que se realicen no estranxeiro, os gastos da viaxe desde o punto de saída dos distintos grupos.
  • Os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade.
  • Os gastos de docencia e o material escolar.
  • As actividades culturais, deportivas e complementarias dos cursos.
  • Os gastos de mantenza e aloxamento.
  • O certificado de realización da actividade.
  • O seguro de accidentes e de responsabilidade civil. 

Requisitos:

  • Estar cursando, no réxime xeral, 1º, 2º, 3º ou 4º da educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato, en centros sostidos con fondos públicos, durante o curso 2019/20, en Galicia.
  • Ter superadas todas as áreas ou materias no curso 2018/19.
  • Ter acadado no curso 2018/19 unha cualificación mínima de Ben no 6º curso de educación primaria para o alumnado de 1º de educación secundaria obrigatoria, e de 6 para o de 2º, 3º e 4º curso de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato na área ou materia de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía.
  • Para as actividades de integración, estar matriculado/a, no curso 2019/20, nun centro da Rede de centros plurilingües.
  • Non ter concedida, no presente curso académico, outra axuda coa mesma finalidade.
  • Estar en posesión do documento nacional de identidade, número de identidade de estranxeiro ou pasaporte. No caso do alumnado menor de 14 anos que non dispoña de documento de identidade, farase constar, como documento identificativo, o do pai ou da nai ou do titor ou titora legal...

Páxina web:

www.edu.xunta.es/axudasle

Contacto:

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional 

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Edf. Administrativo de San Caetano s/n.15781- Santiago de Compostela 

Tel: 881 997 426 / 881 997 424 / 881 997 497 / 981 546 544 / 981 957 538 / 881 996 112

E-correo: axudasle@edu.xunta.es

Publicación: DOG 26/02/2020

O período de realización das actividades comprenderá desde a última semana do mes de xuño até finais do mes de agosto de 2020, coa excepción das actividades de integración, que se desenvolverán no inicio do curso 2020/21. As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado.

  • 2º BACH
    • Inglés en Canadá. 3 semanas. Familia 
    • Inglés no Reino Unido. 3 semanas. Familia
    • Francés en Francia. 3 semanas. Familia ou residencia 
    • Portugués en Portugal. 3 semanas. Familia ou residencia 
  • 1º BACH
    • Inglés no Reino Unido. 3 semanas. Familia 
    • Inglés en Canadá. 3 semanas. Familia 
    • Inglés en Canadá-Integración. 4 semanas. Familia 
    • Inglés en Galicia. 1 semana. Residencia 
    • Francés en Francia. 3 semanas. Familia ou residencia 
    • Portugués en Portugal. 3 semanas. Familia ou residencia 
  • 4º ESO
    • Inglés en Galicia. 1 semana. Residencia 
    • Inglés en Galicia. 2 semanas. Residencia 
  • 3º ESO
    • Inglés en Galicia. 2 semanas. Residencia 
  • 2º ESO
    • Inglés en Galicia. 2 semanas Residencia 
  • 1º ESO
    • Inglés en Galicia. 2 semanas. Residencia

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión