61 resultados
Ata o 29/04/2024
O Concello de Ortigueira, a través do Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, convoca o concurso musical "RUNAS" destinado á promoción de novos valores da música celta e folk.
Ata o 03/05/2024
O Concello de Monforte convoca o "XIX Concurso de deseño de carteis Festas Patronais" co fin de escoller o cartel anunciador das festas de Monforte de Lemos do ano 2024.
Ata o 30/04/2024
O Concello de Nigrán convoca un ano máis o xa tradicional concurso de carteis "Quin Alborés-Nigranjazz", que dende o ano 2010 está dedicado ao artista nigranés Quin Alborés, gran amante do xénero que impulsou o Festival desde o seu comezo deseñando os tres primeiros carteis.
Dende o 16/04/2024 ata o 30/04/2024
ata as 12.00 h.
DiscoverEU é unha acción do programa Erasmus+ que ofrece aos mozos de 18 anos a posibilidade de explorar Europa a través dun bono para viaxar en tren e, ademais, un Carné Novo Europeo para obter numerosos descontos en visitas culturais, actividades de aprendizaxe, deportes, transporte local, aloxamento e comida.
Ata o 20/05/2024
A emisora comunitaria da Coruña, CUAC FM 103.4, convoca a XXVI edición do seu certame para bandas e solistas de diversos estilos musicais co obxectivo de promover a cultura musical na nosa contorna e dar a coñecer proxectos que non teñan unha longa traxectoria, con especial atención ás bandas galegas e da Coruña, aínda que o concurso está aberto á participación de artistas de toda España.
Ata o 31/07/2024
O XXII Premio de Poesía Afundación é unha iniciativa da Fundación Galicia Obra Social (Afundación) e do Centro PEN de Galicia, e conta co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia. O seu obxetivo é impulsar a creación en lingua galega.
Ata o 01/05/2024
A Asociación Futuro da Educación da Región de Murcia (AFEReM) convoca unha nova edición do concurso de memoria histórica para mozas “O noso futuro é a nosa historia”, nesta ocasión ampliando a participación a todo o ámbito estatal.
Ata o 25/05/2024
A Asociación de Amigos do Museo de Historia Natural da USC convoca o seu IV Concurso Fotografía da Natureza, que nesta ocasión ten como tema das imaxes as aves.
Ata o 19/05/2024
A Concellería de Cultura do Concello de Alhaurín el Grande convoca o XVIII Premio Internacional de Poesía Antonio Gala para menores de 35 anos.
Ata o 30/04/2024
A Universidade da Rioxa convoca o III Certame de Microrrelatos Feministas co obxecto de difundir o talento literario e espertar a imaxinación daquelas persoas interesadas na escritura en lingua española, así como poñer en valor a importancia histórica e actual do fenómeno do feminismo.
resultados 61
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible