Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.
A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.
Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.
Non perdas
Dende o 23/10/2026 ata o 24/10/2026
É precisa inscrición previa.
A Universidade da Coruña, a través da Oficina de Cooperación e Voluntariado, organiza un curso de formación básica en voluntariado. Levarase a cabo no Centro Universitario de Riazor.
Dende o 05/10/2026 ata o 01/03/2027
O Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 convoca os premios nacionais do concurso escolar Consumópolis para o curso académico 2026-2027 que ten como obxectivo favorece a aprendizaxe de conceptos, procedementos e actitudes que posibilitan a construción dunha sociedade de consumo cada vez máis xusta, solidaria e responsable.
Ata o 30/10/2026
O Concello de Ferrol convoca proceso selectivo para a cobertura en propiedade, polo sistema de oposición libre, de cinco prazas de persoal funcionario de carreira, auxiliar administrativo ou administrativa (Grupo C, subgrupo C2).
Dende o 05/10/2026 ata o 14/12/2026
O ciclo internacional de poesía Poetas Di(n)versos, dirixido por Yolanda Castaño e impulsado polo Concello da Coruña, iniciará o vindeiro luns 5 de outubro a programación do primeiro trimestre da súa edición número 18 cun cartel que reunirá na cidade autoras e autores de Polonia, Colombia e Italia xunto a destacadas voces da poesía galega contemporánea.
Ata o 02/11/2026
A Fundación Galicia Europa convoca unha bolsa de formación, dirixida a persoas cun título universitario, para a realización de prácticas en materia de políticas e programas europeos no ámbito da innovación e a investigación.
Dende o 20/10/2026 ata o 22/10/2026
Dende o 09/10/2026
A biblioteca pública Miguel González Garcés organiza un obradoiro no que as persoas participantes aprenderán a técnica de encadernación cruzada.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible