Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.
A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.
Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.
Non perdas
até esgotar prazas.
A Escola da Bici de Mobi-liza organiza cursos para persoas adultas e para a infancia con varios niveis de aprendizaxe.
Desde el 28/09/2026 hasta el 23/10/2026
Hasta el 23/09/2026
D-teach online school organiza Europe101 un programa gratuito de liderazgo en línea para juventud de entre 16 y 30 años de todo el continente.
Hasta el 15/09/2026
A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Normalización Lingüística e Servizos Lingüísticos, co ánimo de contribuír a acrecentar a calidade creativa das e dos nosos escritoras e escritores, promover o talento e o potencial literario e incentivar a creación dramática en lingua galega, convoca o II Premio Castelao de Textos Teatrais da Deputación de Pontevedra como homenaxe ao escritor e dramaturgo Alfonso Daniel Rodríguez Castelao no 75 aniversario da súa morte.
Desde el 22/09/2026 hasta el 20/11/2026
Desde el 24/08/2026 hasta el 04/09/2026
A Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en colaboración co Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral (ISSGA) convoca un curso de prevención de riscos laborais en actividades de tempo libre, nivel básico.
29/09/2026
A Fundación Paideia Galiza organiza un novo seminario informativo para explicar en que consiste o programa de Voluntariado na UE, un proxecto enmarcado dentro do Corpo Europeo de Solidariedade. Queres saber en que consiste o programa de mobilidade europea do Corpo Europeo de Solidariedade? Que cobre? Como solicitar un proxecto?
Desde el 19/09/2026 hasta el 26/09/2026
O Espazo Xuvenil O Remanso organiza unha serie de actividades durante o mes de setembro. As actividades son todas de balde, para rapaces e rapazas de 12 a 30 anos, ambos cumpridos.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible