Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.
A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.
Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.
Non perdas
A continuación publícase a listaxe definitiva na solicitude de prazas para a vindeira quenda semestral de ensaios que dará comezo o longo desta semana.
Dende o 19/05/2026 ata o 10/09/2026
ás 15:00 horas.
O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca as axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo derivadas de discapacidade, trastornos graves de conduta, trastornos graves da comunicación e da linguaxe, TEA e altas capacidades.
26/05/2026
A Autoridade Portuaria da Coruña e o Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA) acollen o evento dos DIÁLOGOS INTERNACIONAIS HUMBOLDT, onde expertos nacionais e internacionais abordarán os límites ambientais do Planeta e o papel estratéxico da Amazonia no seu equilibrio.
17/06/2026
Ata o 05/06/2026
A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas artísticas superiores de Deseño para o curso 2026-2027.
Ata o 11/06/2026
A Axencia de Turismo de Galicia convoca bolsas de formación práctica que lles permiten ás persoas tituladas acceder a prácticas tuteladas co fin de actualizar e mellorar os seus coñecementos e habilidades en materias vencelladas co turismo.
15/05/2026
Desde Fundación Esplai, no marco do proxecto Conecta IA e en colaboración con Microsoft, poñen en marcha un novo curso en liña de IA práctico dirixido a todas aquelas persoas que queren aprender a utilizar estas tecnoloxías de forma sinxela e útil para mellorar a empleabilidad e optimizar tarefas do día a día.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible