O Museo de Ciencia e Tecnoloxía (MUNCYT) presenta a axenda de actividades do mes de maio de 2024, elaborada ao redor da colección do museo e en relación ás diferentes disciplinas científicas e tecnolóxicas. Así mesmo conta con espazos singulares nos que se realizan actividades divulgativas.
Para público en xeral
Dende o 01/05/2024 ata o 31/05/2024
⇒ Pechado: todos os luns.
gratis
MUNCYT
Praza do Museo Nacional, 1. 15011- A Coruña
tel.: 689 578 727
e-correo: reservascor@muncyt.es | infomueso@muncyt.es
DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS
Cada 18 de maio ten lugar o DIM, unha data especial para a comunidade museística ao redor da que se organizan multitude de actividades, ao que se suma o museo con actividades especiais ao longo do mes. O tema de 2024 é "Museos pola educación e a investigación", destacando o papel das institucións culturais para proporcionar unha experiencia educativa holística.
CHARLA: O CEREBRO E O LABIRINTO DO ALCOHOL
Xoves 23 ás 19.00 h. Público xeral. Entrada libre ata completar capacidade.
Santiago Canals, Profesor de Investigación do CSIC e líder do Laboratorio de Plasticidade das Redes Neuronais no Instituto de Neurociencias de Alacante, presentará as alteracións que se producen no noso cerebro como consecuencia do consumo crónico de alcohol como a resposta inflamatoria na substancia gris e os factores que poden contribuír de forma directa ao proceso da adicción. Explicará como mellorar a substancia branca logra unha recuperación e redución das recaídas. Ciclo de conferencias "Os labirintos do cerebro".
TEATRO: RECONSTRUCIÓN: UNHA HISTORIA DE INSEGURIDADE
Sábado 25 ás 19.00 h. Público xeral (idade recomendada, a partir de 12 anos). Reserva previa.
Nesta obra de teatro científico creada polo Instituto de Ciencia e Teatro (INCITE), a neurociencia bríndanos as pautas para aprender a xestionar a incerteza e transcender os cambios que irrompen nas nosas vidas. Canto máis flexibles, maior capacidade teremos de adaptarnos á contorna, de persistir ante as ameazas e de superar os cambios de forma creativa para vivir unha existencia máis libre.
MÚSICA: CONCERTO "A PROXECCIÓN SONORA III"
Domingo 26 ás 19.00 h. Público xeral. Reserva previa.
Posta en escena do proxecto destinado a achegar a música contemporánea e experimental a persoas con discapacidade auditiva. Esta edición, dedicada ao compositor Luigi Nono para conmemorar o centenario do seu nacemento, partirá da súa obra "A fabbrica illuminata" e poñerase en escena por medio da expresión e percusión corporais, voz e sons de obxectos que poderían utilizarse nunha fábrica. Dirixido polo músico Wilson Ortega e a actriz Chus Álvarez.
XORNADA: "DÍA INTERNACIONAL DE ACCIÓN POLA SAÚDE DA MULLER"
Sábado 25 de 10.00-15.00 h. Público xeral. Reserva previa.
A asociación "A ciencia é feminina" organiza esta actividade na que expertas en áreas como a saúde cardiovascular, a saúde mental, a xinecología entre outras, farannos reflexionar desde unha perspectiva de xénero. A conmemoración terá lugar cada 28 de maio con campañas sobre a saúde das mulleres, para reafirmar que o dereito á saúde é un dereito humano ao que as mulleres deben acceder sen restricións ou exclusión algunha.
EXPOSICIÓNS. Os LABIRINTOS DO CEREBRO
Os labirintos sempre fascinaron e cativaron á humanidade: desde os seus inicios como protagonistas de lendas, mitos, como símbolo relixioso, como elemento ornamental e divertimento para as clases nobres ou como reto matemático. A partir do S. XX pasan a ser un pasatempo popular e a usarse como ferramenta para o estudo do funcionamento do cerebro, empregándose actualmente para a investigación en neurociencia, ou para o diagnóstico de trastornos mentais ou como terapia para o seu tratamento e rehabilitación. Esta mostra temporal afonda no ámbito da investigación neurocientífica e o funcionamento do cerebro aproveitando o atractivo e a interactividade dos labirintos para presentar, dun modo práctico, accesible e ameno, unha disciplina tan apegada a nosa propia existencia. Mostra comisariada por Francisco Javier Cudeiro Mazaira, catedrático de Fisioloxía na Universidade da Coruña e director do Centro de Estimulación Cerebral de Galicia. Data de fin: Dom, 30/06/2024.
FINS DE SEMANA NO MUSEO
Este mes, as actividades tratarán sobre temas relacionados con días internacionais coma o dos traballadores, as telecomunicacións, a luz ou o dedicado a "Star Wars", icona da ciencia ficción. Reserva previa ou en despacho de billetes. Consultar detalles na web do museo.
Os días 30/05/2024 ás 19:00 , 13/06/2024 ás 19:00
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible