"ESFUERZA" é un programa de actividade física saudable que leva a cabo a Fundación María José Jove. Diríxese a persoas con e sen discapacidade que, con independencia das súas particularidades, desexan mellorar a súa calidade de vida a través de actividades deportivas saudables. ESFUERZA Verán 2026 ofrece actividades no medio natural: Axuda na praia, Sendeirismo,
Para público en xeral
Dende o 29/06/2026 ata o 18/09/2026
Dende o 18/05/2026 ata o 25/05/2026
ás 14.00 horas
A actividade de axuda en praia e sendeirismo é gratuíta. As actividades de vela e piragüismo teñen un custo de 20 € por persoa e quenda (gratuidade por renda e por desemprego).
Vela e Piragüismo inclusivos:
• Persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% e maiores de 8 anos ao comezo do programa.
• Persoas sen discapacidade, maiores de 8 anos ao comezo do programa e que saiban nadar.
Axuda en praia:
• Persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% e maiores de 8 anos ao comezo do programa.
Sendeirismo inclusivo:
• Persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, maiores de 8 anos ao comezo do programa, que sexan autónomos nas Actividades Básicas da Vida Diaria (ABVD) e que participen cunha persoa adulta ao seu cargo.
• Persoas sen discapacidade e maiores de 12 anos ao comezo do programa.
As solicitudes de inscrición realizaranse exclusivamente en liña, a través do "Portal de Inscricións" da páxina web da Fundación María José Jove https://porta.fundacionmariajosejove.org/
Fundación María José Jove
Rúa Galileo Galilei, 6. Edificio Work Center. A Grela. 15008 A Coruña
Tel.: 981 160 265
15/05/2026
Dende o 06/07/2026 ata o 08/07/2026
Ata o 16/06/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible