Nocturnia é un programa de ocio saudable para a xuventude organizado polo Servizo de Mocidade da Concellaría de Benestar Social do Concello da Coruña, que recibe financiamento do Ministerio de Sanidade a través do PNSD. Ofrece unha serie de actividades de balde para que a xente moza, de 12 a 30 anos, as teñades en conta á hora de planificardes as vosas fins de semana.
Xuvenil, Para público en xeral
Dende o 07/11/2025 ata o 06/12/2025
con diferentes prazos de inscrición para cada actividade
Enderezo electrónico: nocturniacoruna@gmail.com
Programa completo Nocturnia edición novembro-decembro 2025 (3 MB)
PARA PARTICIPAR EN NOCTURNIA...
1. Bótalles un ollo a todas as actividades (ver PDF adxunto coa programación completa).
Mira as que sexan para a túa idade. Lembra que son para persoas de 12 a 30 anos, aínda que algunhas poden concretar máis as idades dentro de cada tramo.
2. Se xa sabes a cal ir, inscríbete nos prazos marcados. As inscricións son semanais, ábrense os luns ás 16.00 h e péchanse os xoves ás 12.00 h, ou ao se esgotaren as prazas. Se as actividades son de continuidade só hai que inscribirse unha vez.
3. Para acceder ás actividades será obrigatorio cumprir a normativa sanitaria vixente, e aceptar as condicións de participación no programa que se porán en coñecemento de cada participante.
4. Non esquezas traer o teu DNI ás distintas actividades nas que te inscribises.
Todas aquelas inscricións que non leven os datos correctamente cubertos serán dadas de baixa nas actividades e seralle notificado á persoa en cuestión a través de correo electrónico no caso de que sexa posible.
Se es menor de idade, lembra que tes que traer impresa a autorización materna ou paterna ( Autorización actividades Nocturnia ), ademais da copia do DNI da persoa que autoriza.
5. Segues con dúbidas? Consúltanos calquera cousa que precises a través do correo electrónico nocturniacoruna@gmail.com
Inscrición nas actividades dende o 01/12/2025 ás 16.00 h ata o 04/12/2025 ás 12.00 h ou ata esgotárense as prazas.
VENRES 5 DE DECEMBRO 2025
Transforma un libro de tapa branda nun elegante libro de tapa dura
Taller de improvisación textual e de movemento no espazo
Taller de agulla máxica ou Puch needle
Bordados de protección. Cosendo amuletos de madeira
Gravado e estampación de decoracións de nadal
SÁBADO 6 DE DECEMBRO 2025
Espeleoturimo na Cova do Rei Cintolo + mini ruta ambiental
E, por último, para as actividades que precisen algo específico (roupa cómoda ou deportiva, traxe de baño e gorro...) enviarémosche un correo electrónico ou un SMS indicándocho.
Os días 20/02/2026, 13/03/2026
Dende o 26/01/2026 ata o 30/01/2026
Dende o 05/12/2025 ata o 28/12/2025
Dende o 06/12/2025 ata o 26/12/2025
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible