Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

22 resultados

  • Roteiro en bici e Charla-obradoiro de ergonomía, mecánica e condución segura da bicicleta

    Cartel da actividade: ilustración de persoas montando en bicicleta.

    Cando:

    14/10/2026

    A Oficina de Sustentabilidade da UDC organiza para o próximo mércores, 14 de outubro, as seguintes actividades monitorizadas pola Asociación Mobi-Liza, dirixidas ás persoas ciclo-usuarias do Servizo de préstamo de bicicletas da UDC, e ademais abertas á comunidade universitaria.

  • Mercado das Nubes de outono

    cartel do mercado

    Cando:

    Dende o 09/10/2026 ata o 11/10/2026

    O Mercado de San Agustin acolle de novo o "Mercado das Nubes" na súa edición de outono, un espazo no que se reunirán marcas emerxentes locais, artistas, produtoras/es e artesáns/ás no que atopar produtos diferentes e singulares, gozar da gastronomía e da música en directo, paticipar en obradoiros infantís e actividades para toda a familia.

  • O ceo está máis preto do que pensas

    Persoas vendo as estrelas

    Cando:

    Os días 31/10/2026 á 01:00 , 28/11/2026, 26/12/2026

    O Planetario da Casa das Ciencias celebra dúas sesións especiais os últimos sábados de cada mes.

  • Club de xogos de mesa na Biblioteca Os Rosales

    Cartaz do club.

    Cando:

    Dende o 17/10/2026 ata o 22/05/2027

    A Biblioteca Municipal Os Rosales organiza o Club de Xogos de Mesa, un espazo de encontro interxeracional no que persoas de diferentes idades poden coñecer e desfrutar de xogos en comunidade. Nesta nova edición, o club incorpora como novidade unha liga propia, na que as persoas participantes poderán sumar puntos en cada sesión.

  • Semana da Arquitectura da Coruña 2026

    cartel da semana

    Cando:

    Dende o 05/10/2026 ata o 11/10/2026

    O Concello da Coruña, a Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña e a Delegación da Coruña do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia impulsan unha programación que permitirá achegarse a esta parte do patrimonio contemporáneo a través de exposicións, conferencias, visitas guiadas, rutas, obradoiros e outras actividades. Este ano estará dedicada ao brutalismo coruñés e ao legado que esta corrente deixou na paisaxe urbana da cidade.

  • Xornada portas abertas | Grupo Scout Stoas

    cartel actividade grupo scout stoas

    Cando:

    10/10/2026

    Oportunidade para coñecer as actividades e persoas do Grupo Scout Stoas (no Ventorrillo).

  • XII Outubro UDC Saudable e Sustentable

    Ilustracións de elementos da natureza como rios, vagalume, persoas limpando praias, cadros e balados de pedra

    Cando:

    ata o 31/10/2026

    Inscricións:

    Ficha de inscrición.

    A Oficina de Sustentabilidade da Universidade da Coruña organiza durante o mes de outubro un programa de actividades de voluntariado e participación ambiental que combina o coidado da natureza coa promoción dun estilo de vida saudable e sustentable.

  • Viaxe ao centro do Aquarium

    Zona técnica do acuario

    Cando:

    10/10/2026

    Inscricións:

    do 5 de outubro, ás 10:00 h., ata esgotar prazas, no seguinte formulario.

    O Aquarium Finisterrae organiza «Viaxe ao centro do Aquarium», unha actividade de divulgación científica e educación ambiental que permite coñecer de preto os espazos técnicos e os procesos necesarios para o funcionamento do acuario.

  • Actividades de outubro no Espazo Xuvenil O Remanso

    Banner das actividades do mes de outubro 2026

    Cando:

    Dende o 09/10/2026 ata o 31/10/2026

    O Espazo Xuvenil O Remanso organiza unha serie de actividades durante o mes de outubro. As actividades son todas de balde, para rapaces e rapazas de 12 a 30 anos, ambos cumpridos.

  • Coa lingua de fóra: Galego

    Cartaz do evento.

    Inscricións:

    Dende o 8 de outubro de 2026 ata esgotar prazas.

    A Biblioteca Municipal Ágora organiza «Coa lingua de fóra», un grupo de conversa en galego dirixido a persoas adultas que queiran mellorar a súa expresión oral nun ambiente distendido e afastado da aprendizaxe formal. A actividade, dinamizada por unha persoa nativa, ofrece un espazo de intercambio lingüístico e cultural para practicar o galego e incorporalo ao día a día.

resultados 22

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión