5 resultados

ata o 31/10/2026
A Oficina de Sustentabilidade da Universidade da Coruña organiza durante o mes de outubro un programa de actividades de voluntariado e participación ambiental que combina o coidado da natureza coa promoción dun estilo de vida saudable e sustentable.

29/10/2026
A Fundación Paideia Galiza organiza un novo seminario informativo para explicar en que consiste o programa de Voluntariado na UE, un proxecto enmarcado dentro do Corpo Europeo de Solidariedade. Queres saber en que consiste programa de mobilidade europea do Corpo Europeo de Solidariedade? Que cobre? Como solicitar un proxecto?

O programa AIX desenvolverase de novembro 2026 a maio 2027
Prazo de envío de solicitudes do 25/09/2026 ata o 13/10/2026, ambos incluidos
O Concello da Coruña, a través da Concellaría da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade convoca o programa educativo “Antenas de Información Xuvenil (AIX)” para o curso escolar 2026/2027, dirixido aos centros de ensino públicos e concertados que imparten ESO e Bacharelato, IES, CIFP, a Escola Oficial de Idiomas, a Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso e o Conservatorio Profesional de Música, entre outros.

A través de formación práctica, actividades nas aulas e voluntariado xuvenil, os e as participantes aprenden sobre os seus propios dereitos e obrigas, fomentando o seu desenvolvemento como membros responsables dunha sociedade global, inclusiva, pacífica e plural.

05/12/2026
O INJUVE busca as historias que fixeron posible 30 anos de voluntariado europeo. Unha fotografía. Un vídeo. Un recordo.
resultados 5
Dende o 02/10/2026 ata o 09/10/2026
Dende o 05/10/2026 ata o 27/10/2026
Dende o 09/10/2026 ata o 31/10/2026
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible