Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

108 bolsas do Programa Retorna Talento FP

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca o programa Retorna Talento FP, para persoas galegas residentes no estranxeiro interesadas en retornar e cursar determinados estudos de formación profesional que se inicien no curso académico 2024/25 en centros educativos de Galicia.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 13/05/2024

Requisitos:

  • Ser menor de 45 anos.
  • Estar en posesión da nacionalidade española.
  • Residir no estranxeiro.
  • Acreditar un mínimo de dous anos de residencia fóra de España inmediatamente anteriores á data da presentación da solicitude.
  • Cumprir, polo menos, unha das seguintes condicións:
    • Ser emigrante nacido/a en Galicia.
    • Ser emigrante non nado/a en Galicia, pero ter residido en Galicia de forma continuada durante dez anos con nacionalidade española antes de emigrar.
    • Ser descendente por consanguinidade de emigrante nado/a en Galicia, sempre que a persoa solicitante nacese no estranxeiro.
  • No caso das persoas nacidas no estranxeiro, estar vinculadas a un concello galego. 
  • No caso das persoas solicitantes da modalidade B:
    • Estar en posesión dalgunha das titulacións que dan acceso ao ciclo formativo correspondente. A titulación deberá estar homologada e acreditarase mediante a correspondente credencial de homologación. Non obstante, permitirase a inscrición condicionada neste procedemento mediante a presentación da solicitude de homologación xunto coa declaración responsable.
    • Dispoñer de conexión á internet e ordenador ou dispositivo móbil compatible coa plataforma de teleformación da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Remuneración / Custo:

  • Modalidade A: a contía de cada bolsa será de 6.500 €.
  • Modalidade B: a contía de cada bolsa será de 10.800 €.

Páxina web:

www.edu.xunta.gal/ciclosadmision

Contacto:

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Dirección Xeral de Formación Profesional

San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela 

Teléfono: 981 546 546

retorna.talento.fp@edu.xunta.gal

Publicación: DOG 13/03/2024

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento ED333B

Modalidades de bolsas:

  • Modalidade A: programas específicos básicos. 48 bolsas. 
    • CIFP Someso (A Coruña): Formación específica básica de albanelaría e fontanería (597 horas, 16 prazas)
    • CIFP Universidade Laboral (Culleredo): Formación específica básica de fontanería, calefacción, electricidade e telecomunicacións en edificios (860 horas, 16 prazas) 
    • CIFP Ferrolterra (Ferrol): Formación específica básica de fontanería, calefacción, electricidade e telecomunicacións en edificios (860 horas, 16 prazas) 
  • Modalidade B: ciclos de formación profesional dual. 60 bolsas. Nesta modalidade a formación terá unha duración de dous cursos académicos. Durante o curso 2024/25, o alumnado cursará un período inicial na modalidade semipresencial e a distancia que poderá desenvolver desde o seu país de residencia, seguido dun período na modalidade presencial dual, que se desenvolverá entre o centro educativo e a empresa. Durante o curso 2025/26, o alumnado cursará un período inicial na modalidade semipresencial e a distancia, que se impartirá desde o centro educativo, seguido dun período na modalidade presencial dual, que se desenvolverá na empresa.
    • CIFP Ferrolterra (Ferrol): Ciclo superior de Deseño e Amoblamento (2.000 horas)
    • CIFP Someso (A Coruña): Ciclo superior de Proxectos de Edificación (2.000 horas)
    • CIFP Universidade Laboral (Culleredo): Ciclo superior de Desenvolvemento de Proxectos de Instalacións Térmicas e de Fluídos (2.000 horas)
    • IES de Vilamarín (Vilamarín): Ciclo superior de Xestión de Aloxamentos Turísticos (2.000 horas)
    • IES de Chapela (Redondela): Ciclo medio de Atención a Persoas en Situación de Dependencia (2.000 horas) 

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión