Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Bono de Alugueiro Social

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda convoca subvencións do programa Bono de Alugueiro Social do Plan rehaVita destinado a atender con carácter urxente situacións de especial dificultade económica nos casos que se especifican na convocatoria.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 31/05/2022

ou ata o esgotamento da partida orzamentaria. 

As persoas que xa tivesen desfrutado os períodos ordinarios da axuda durante tres anos poderán solicitar a prórroga extraordinaria no prazo de dous meses, contados dende a publicación desta resolución.

Requisitos:

Unidades de convivencia con dificultades para asumir o custo do arrendamento da súa vivenda:

  • Por estar inmersas en situacións de especial dificultade que determinaron a interposición pola persoa arrendadora dunha demanda de desafiuzamento por non pagamento das rendas.
  • As das vítimas de violencia de xénero que no momento da solicitude se atopen residindo nun recurso de acollida dos integrados na rede galega de acollemento para este colectivo e adscrito a unha Administración pública.
  • Aquelas que fosen privadas da súa vivenda habitual por danos sufridos nesta, derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida, tales como incendios, inundacións, etc. 
  • Aquelas que, tendo sido beneficiarias do programa Aluga, desfrutasen na súa totalidade da subvención do dito programa e lles rematase o período máximo de desfrute desa axuda dentro dos 6 meses anteriores á data da presentación da súa solicitude de subvención deste Programa.
  • Aquelas que, tendo sido arrendatarias dunha vivenda de promoción pública de titularidade do IGVS finalizase a vixencia do seu contrato, a partir da entrada en vigor desta orde.
  • Aquelas que sendo residentes en vivendas de entidades financeiras ou da Sareb, en virtude dos convenios de colaboración subscritos entre o IGVS e as citadas entidades, rematasen a vixencia do seu contrato de arrendamento dentro dos seis meses anteriores á data de presentación da súa solicitude de subvención deste Programa.
  • Mozos/as menores de idade tutelados pola Xunta de Galicia, unha vez que acaden a maioría de idade e saian do réxime de tutela, para facilitarlles o acceso a unha vivenda en réxime de alugamento.
  • Aquelas persoas que fosen privadas da súa vivenda habitual como consecuencia de procedementos xudiciais de execucións hipotecarias ou de acordos extraxudiciais de venda ou dación en pagamento a entidades financeiras.
  • Poderán ser beneficiarias das prórrogas extraordinarias previstas no artigo 6.2 das bases reguladoras aquelas persoas que finalizasen o período máximo ordinario de desfrute das axudas deste programa durante o ano 2019, 2020 e 2021, coa excepción das sinaladas no artigo 2.1.h) das bases reguladoras.

Persoas beneficiarias: • Empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia durante, polo menos, os 12 meses anteriores á data da presentación da solicitude da axuda.• Que sexan titulares ou estean en condicións de subscribir un contrato de arrendamento nun concello da Comunidade Autónoma de Galicia.• Que a vivenda obxecto do contrato de arrendamento constitúa ou vaia constituír o seu domicilio habitual e permanente. • Que a renda do contrato de arrendamento non supere os importes sinalados no artigo 5 das bases reguladoras.• Que os ingresos ponderados da unidade de convivencia da persoa beneficiaria, sexan iguais o inferiores a 1,5 veces o indicador público de efectos múltiples.• Que nin a persoa solicitante nin ningún outro membro da súa unidade de convivencia teña no territorio nacional unha vivenda en propiedade ou en usufruto. Exceptúase o caso, de que, dispoñendo dela, non goce do seu uso e desfrute ou se trate dunha vivenda insuficiente ou inadecuada, por razóns de habitabilidade e mobilidade.

Remuneración / Dotación:

Contía da axuda do Bono de Alugueiro Social

  • 225 euros mensuais para os contratos relativos a vivendas situadas nos concellos a que se refire o artigo 5.1.a).
  • 200 euros mensuais para os contratos relativos a vivendas situadas nos concellos a que se refire o artigo 5.1.b).
  • 175 euros mensuais para os contratos relativos a vivendas situadas nos concellos a que se refire o artigo 5.1.c).
  • No suposto de que a persoa beneficiaria non dispoña de contrato de alugueiro no momento da concesión, recoñeceráselle inicialmente unha axuda por importe de ata un máximo de 200 euros mensuais, condicionada á achega do correspondente contrato. Non obstante, a contía definitiva da concesión virá determinada en función do concello en que estea situada a vivenda obxecto do contrato de alugamento que se achegue.
  • Axuda complementaria: ben para o suposto da inmediata formalización dun contrato de alugamento, para os efectos de atender as obrigas derivadas da constitución de fianza e da alta en subministracións, ben para o caso de permanecer na vivenda obxecto do procedemento xudicial de desafiuzamento, para os efectos de atender cantidades pendentes derivadas do contrato de arrendamento que motivou o devandito procedemento. O importe desta axuda non poderá superar os 600 euros.

Contía da axuda directa complementaria

A contía da axuda será polo importe da renda mensual do contrato de alugamento da persoa beneficiaria non subvencionado no marco do programa do bono de alugueiro social.

Páxina web:

Bono alugueiro social

Organiza:

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda - Xunta de Galicia

Contacto:

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda​

Instituto Galego da Vivenda e Solo

Edif. de Servizos Múltiples, praza de Luís Seoane, A Coruña

Teléfono: 981 184 801

Publicación:

- Convocatoria Bono Alugueiro social: DOG 30/12/2021

- Convocatoria axuda complementaria: DOG 30/12/2021

- Modificación bases reguladoras: DOG 31/12/2019

- Bases reguladoras: DOG 07/01/2019

Procedemento

  • Novas solicitudes: VI482A
  • Solicitudes de prórroga: VI482B

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión