Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

XIV Encontro de Artistas Novos: #EAN14

O Departamento de Acción Cultural da Fundación Cidade da Cultura de Galicia convoca 40 prazas gratuítas para a participación no XIV Encontro de Artistas Novos, un espazo de encontro no que creadores e creadoras emerxentes terán a oportunidade de dar a coñecer os seus traballos e debater ao redor da arte contemporánea durante catro días de convivencia e intercambio de coñecementos e ideas con outros axentes culturais

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 25/08/2024 ata o 29/08/2024

Inscricións:

Ata o 24/05/2024

ata as 14:00 h.

Requisitos:

  • As 40 prazas terán dous ámbitos de participación:

    • Autonómico: 50% das bolsas serán concedidas a solicitantes nados/as ou residentes en Galicia.

    • Nacional/Internacional: 50% das bolsas serán concedidas a solicitantes de fóra de Galicia (tanto do resto de España como doutros países).

  • Poderanse presentar profesionais que nacesen entre 1989 e 2006, ambos os dous anos inclusive.

  • Reservaranse ata un máximo de 10 prazas a artistas maiores de 35 anos, tanto de Galicia como procedentes doutros lugares

  • A convocatoria é aberta e poderán concorrer tanto estudantes e graduados/as en Belas Artes e afíns, como todas aquelas persoas que demostren ter unha traxectoria ou proxecto artístico.
  • Se a solicitude provén dun colectivo, aquelas persoas integrantes do mesmo que quixesen optar a algunha das prazas deberán realizar solicitudes independentes.

Remuneración / Custo:

  • Matrícula de inscrición
  • 2. Estancia en réxime de pensión completa desde o domingo 25 de agosto ata o xoves 29 de agosto de 2024 -ambas xornadas inclusive-.
  • Transportes diarios ata a Cidade da Cultura de Galicia.
  • Seguro de enfermidade e accidentes

Os desprazamentos a Santiago de Compostela desde o lugar de residencia e posterior regreso serán sufragados polas persoas beneficiarias.

Páxina web:

www.cidadedacultura.gal

Contacto:

Fundación Cidade da Cultura de Galicia

Monte Gaiás s/n (15707 - Santiago de Compostela)

Tel.: 881 997 565

encontro.cdc@xunta.gal

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión