Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
XV Certame de Cinema Internacional Escolar Ouff Escola
O Certame de Cinema Internacional Ouff Escola é unha iniciativa da Concellería de Cultura do Concello de Ourense, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística, que ten como obxectivo impulsar o uso do idioma galego entre a mocidade, coñecer a visión desta sobre a súa contorna sociocultural e fomentar a creatividade audiovisual e o traballo en equipo, nunha linguaxe atractiva para o alumnado.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 08/07/2024
Requisitos:
Poderán participar centros educativos públicos e privados de ensino non universitario de Galicia durante o curso 2023-2024, así como aqueles de fóra de Galicia que teñan materias en lingua galega. A participación realizarase sempre baixo a titoría dun profesor ou profesora responsábel do proxecto.
Estabelécense dúas categorías de participación:
A) Infantil e primaria
B) Outros niveis de ensino non universitario (agás as escolas oficiais de Imaxe e Son)
Todos os traballos estarán en lingua galega.
Deberán ser orixinais ou adaptacións, non comercializados e non presentados con anterioridade a este certame.
Modalidades: ficción, documental e animación.
Duración: até 20 minutos, créditos incluídos.
A temática será libre.
Quedarán excluídos aqueles traballos que inciten ao racismo, xenofobia, homofobia e calquera tipo de violencia, así como os que atenten contra a dignidade da persoa.
Todo o proceso de creación da película (interpretación, dirección e guión) deberá ser realizado polo alumnado ou membros da comunidade escolar.
Remuneración / Dotación:
Outorgaranse os seguintes premios tanto para a Categoría A como para a Categoría B:
1.º Premio: 600 € para o centro educativo.
2.º Premio: 400 € para o centro educativo.
3.º Premio: 200 € para o centro educativo.
Premio Blanco Amor ao Mellor Guión:300 € para o centro educativo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible