Este venres 25 de setembro, abre o prazo para achegar proxectos e ideas para a nova edición de Nocturnia Outono 2026, o programa de lecer saudable, para mozas e mozos de 12 a 30 anos, que ofrece a área de Benestar Social a través do Servizo Municipal de Mocidade do Concello da Coruña.
Para público en xeral
Dende o 25/09/2026 ata o 04/10/2026
Envía a tua idea ou proposta a nocturniacoruna@gmail.com
Correo electrónico: nocturniacoruna@gmail.com
Facebook: https://www.facebook.com/nocturniacoruna
TES UNHA IDEA PARA NOCTURNIA?
Durante os meses previos a realizar o programa, ábrense periodos onde asociacións, colectivos informais, entidades e público en xeral poden enviar proxectos e propostas a través das distintas canles de comunicación do Servizo Municipal de Mocidade, para que participen na elaboración e no deseño da proposta, xerando así un proxecto global de participación xuvenil.
Nocturnia é un programa de ocio saudable para xente moza, de 12 a 30 anos, así que as propostas e achegas deben adaptarse ao público xuvenil.
COMO PRESENTO A PROPOSTA?
En dous pasos:
1 - Cubre o formulario
Cubre e envía o formulario (tamén o atoparás na web de Nocturnia, na de Mocidade e no IG de Nocturnia) cos seguintes datos:
DATOS DE CONTACTO
IDEAS OU PROPOSTAS
ORZAMENTO
2 - Despois de cubrir o formulario
Se precisas enviar un dossier con varias actividades despois de cubrir o formulario, deberás envialo por mail a nocturniacoruna@gmail.com
Dende o 25/09/2026 ata o 04/10/2026
Envía a tua idea ou proposta a nocturniacoruna@gmail.com
O programa AIX desenvolverase de novembro 2026 a maio 2027
Prazo de envío de solicitudes do 25/09/2026 ata o 13/10/2026, ambos incluidos
O club comeza o 8 de outubro de 2026.
Inscrición ata o 8 de outubro.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible