Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

Tes unha idea para Nocturnia?

Este venres 25 de setembro, abre o prazo para achegar proxectos e ideas para a nova edición de Nocturnia Outono 2026, o programa de lecer saudable, para mozas e mozos de 12 a 30 anos, que ofrece a área de Benestar Social a través do Servizo Municipal de Mocidade do Concello da Coruña.

A quién va dirigido:

Para público en general

Inscripciones:

Desde el 25/09/2026 hasta el 04/10/2026

Envía a tua idea ou proposta a nocturniacoruna@gmail.com

Página web:

https://www.coruna.gal/nocturnia

Contacto:

Documentos:

Presentación propostas (pdf) (631 KB)

​​TES UNHA IDEA PARA NOCTURNIA?

Durante os meses previos a realizar o programa, ábrense periodos onde asociacións, colectivos informais, entidades e público en xeral poden enviar proxectos e propostas a través das distintas canles de comunicación do Servizo Municipal de Mocidade, para que participen na elaboración e no deseño da proposta, xerando así un proxecto global de participación xuvenil. 

Nocturnia é un programa de ocio saudable para xente moza, de 12 a 30 anos, así que as propostas e achegas deben adaptarse ao público xuvenil.

COMO PRESENTO A PROPOSTA?

En dous pasos:

1 - Cubre o formulario 

Cubre e envía o formulario (tamén o atoparás na web de Nocturnia, na de Mocidade e no IG de Nocturnia) cos seguintes datos:

DATOS DE CONTACTO

  • Nome e apelidos, teléfono de contacto, DNI, correo electrónico
  • Indicar se quen presenta é:
    • Entidade (asociación, club, fundación...) e tipo (xuvenil, cultural etc...)
    • Colectivo non formal
    • Empresa/autónomo
    • CIF
  • Presentación da entidade/persoa

IDEAS OU PROPOSTAS

  • Título e breve descrición 
  • Tipoloxía: deportiva, cultural, ambiental, lúdica
  • Obxectivos 
  • Duración
  • Número máximo de persoas destinatarias (mínimo 12 persoas)
  • Necesidades técnicas e recursos materiais
  • Outras consideracións a ter en conta

ORZAMENTO 

  • Documento individual que debe indicar:
    • Datos completos de quen factura 
    • Custo de realización de cada actividade que presenta separando cada concepto que se orzamenta
    • IVA e ou IRPF (no caso de ter que indicalo)

2 - Despois de cubrir o formulario

Se precisas enviar un dossier con varias actividades despois de cubrir o formulario, deberás envialo por mail a nocturniacoruna@gmail.com

No Pierdas

No Pierdas

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión