88 resultados

Dende o 25/09/2026 ata o 04/10/2026
Envía a tua idea ou proposta a nocturniacoruna@gmail.com
Este venres 25 de setembro, abre o prazo para achegar proxectos e ideas para a nova edición de Nocturnia Outono 2026, o programa de lecer saudable, para mozas e mozos de 12 a 30 anos, que ofrece a área de Benestar Social a través do Servizo Municipal de Mocidade do Concello da Coruña.

Os mércores 14 e 21 de outubro, 4 e 18 de novembro, e 2 e 16 de decembro.
A Fundación Luis Seoane organiza «Menos é máis», un obradoiro de escritura creativa coordinado polo escritor Fernando Ontañón que invita a depurar o estilo e explorar unha escritura máis clara, sinxela e literaria. A partir da lectura e análise de «Ay, William», da autora estadounidense Elizabeth Strout, as persoas participantes traballarán sobre as claves dunha narrativa baseada en palabras precisas, historias próximas e diálogos veraces.

21/11/2026
Ata o 17/11/2026
O Centro de Formación de Cruz Vermella na Coruña organiza un curso para obter os coñecementos e normas básicas necesarias para a manipulación de alimentos

Dende o 05/10/2026 ata o 02/11/2026, os luns
Formación de Extensión Universitara de UNED Coruña. O seguimento pode facerse presencial e en liña en directo ou en diferido.

Dende o 08/10/2026 ata o 09/10/2026
O CEIDA, xunto coa Autoridade Portuaria da Coruña, organiza a I Xornada Formativa "A biodiversidade mariña na contorna portuaria", que terá lugar os días 8 e 9 de outubro, no marco do Ciclo Formativo "Xestión Portuaria e Medio Ambiente".

29/10/2026
Ata o 30/09/2026
Evento organizado por AJE Galicia, en colaboración coa Xunta de Galicia, co obxectivo de impulsar o emprendemento xuvenil. A iniciativa está dirixida ao estudantado, promovendo o espírito emprendedor e a innovación mediante unha experiencia práctica na que as persoas participantes crearán, desenvolverán e presentarán proxectos emprendedores ante un xurado profesional e empresas do ecosistema galego.

30/09/2026
O Concello ofrecerá unha nova formación gratuíta no Centro Municipal de Empresas Accede Papagaio sobre as subvencións públicas dispoñibles para empresas e pemes.

Unha arte marcial de orixe hawaiano que combina diferentes disciplinas de combate e defensa persoal e que pode adaptarse a diferentes idades e niveis de experiencia.

Dende o 30/09/2026 ata o 28/10/2026
A UNED organiza en Ferrol a actividade «Produtividade en Equilibrio con IA: organiza a túa vida, traballa con claridade e avanza sen esgotarte», unha formación en liña (con asistencia en directo ou en diferido) orientada a descubrir como a intelixencia artificial pode axudar a xestionar mellor o tempo, traballar con maior claridade e avanzar nos obxectivos sen caer no esgotamento. A proposta combina ferramentas prácticas de produtividade e IA para facilitar unha xestión máis equilibrada da vida persoal e profesional.

Dende o 24/09/2026 ata o 26/09/2026
As actividades buscan achegar á cidadanía o valor histórico, cultural e ambiental do Castro de Elviña, un dos principais xacementos arqueolóxicos da cidade, combinando divulgación, lecer e participación nunha proposta pensada para todos os públicos
resultados 88
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible