Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
As titulacións oficiais de idiomas son ensinanzas de réxime especial que se imparten nas Escolas Oficiais de Idiomas, centros públicos que dependen da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia.
Modalidades de estudo:
LIBRE: enténdese por alumnado libre aqueles que se matriculan na EOI só para realizar o exame correspondente ás probas de certificación de nivel (Básico, Intermedio ou Avanzado) e obter o certificado correspondente.
OFICIAL PRESENCIAL: permítelles aos alumnos a asistencia á clase durante o curso académico, cunha duración mínima de 130 horas. Tamén teñen dereito á realización das probas de final de curso: probas de promoción (Básico 1, Intermedio 1 e Avanzado 1) ou probas de certificación de nivel (Básico, Intermedio e Avanzado).
Requisitos
(Para a modalidade presencial):
Ter 16 anos cumpridos no ano en que se comecen os estudos.
Ter máis de 14 anos para seguir as ensinanzas dun idioma distinto do cursado na ESO como primeira lingua estranxeira.
Tipos de acceso:
Por promoción de curso.
Directo por titulación.
Mediante realización de probas de clasificación.
O certificado do nivel básico dará acceso ás ensinanzas do nivel intermedio.
O certificado do nivel intermedio dará acceso ás ensinanzas do nivel avanzado.
O título de bacharelato habilita para acceder directamente aos estudos de idiomas de nivel intermedio da primeira lingua estranxeira cursada no bacharelato.
Plano de estudos
O Título de Alemán da Escola Oficial de Idiomas está estruturado en tres niveis:
Básico (Básico I e Básico II)
Intermedio (Intermedio I e Intermedio II)
Avanzado (Avanzado I e Avanzado II)
Observacións
As titulacións que se poden acadar cos estudos da EOI son:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible