Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

  • Inicio

Información Xuvenil

Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.

Coñece a Rede de Información Xuvenil

A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.

Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.

Actualidade

  • 4 auxiliares Policía Local - Concello das Pontes de García Rodríguez

    Inscricións:

    Ata o 18/06/2026

    Contratación en réxime laboral temporal, a través do proceso de selección de oposición libre, de catro (4) auxiliares de Policía Local, que desempeñarán as funcións de apoio e de auxilio aos membros do Corpo da Policía Local durante a tempada de verán.

  • Novos itinerarios informativos - Proxecto de formacion "EFESO Coruña"

    Este proxecto, confinanciado polo Fondo Social Europeo Plus, está destinado a persoas desempregadas residentes na Coruña, inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia, con especiais dificultades para acceder ao mercado laboral. Estará composto con formacións no ámbito da hostalaría, atención a persoas dependentes, comercio e márketing, administración e xestión, industria alimentaria e imaxe persoal.

  • Prazas de persoal de limpeza no concello de Muros

    Inscricións:

    Ata o 19/06/2026

    O concello de Muros convoca un proceso selectivo para a cobertura definitiva, mediante o sistema de concurso-oposición libre, de dúas prazas de limpeza viaria e unha praza de limpeza de edificios públicos.

  • Nexus Event Day ODS 2026 - III Edición Xornadas Impulsa o teu futuro

    Cando:

    16/06/2026

    Nexus Event Day ODS 2026, é un evento organizado polo Servizo de Axuda ao Emprego e ao Emprendimiento do Centro UNED A Coruña, co obxectivo de conectar a estudantes, profesionais, emprendedores/as e empresas nun espazo onde descubrir novas oportunidades de emprego, emprendimiento, bolsas, prácticas e networking.

  • Admisión a cursos de especialización de FP, curso 2026/2027

    Inscricións:

    Dende o 15/06/2026 ata o 30/06/2026

    até as 13:00h.

    No vindeiro curso 2026-2027 amplíase a oferta de cursos de especialización de formación profesional en Galicia. Só poderán acceder aos cursos de especialización as persoas que cumpran o requisito de estar en posesión dalgunha das titulacións de grao superior, ou de grao medio, de formación profesional recoñecidas para o acceso na normativa que regula cada curso.

  • XXXIX Día do Deporte na Rúa

    Cando:

    14/06/2026

    O Concello da Coruña celebra o XXXIX Día do Deporte na Rúa como colofón á actividade das Escolas Deportivas Municipais. Todas as actividades se desenvolverán na contorna da Cidade Deportiva de Riazor. Os deportes náuticos desenvolveranse na praia de Riazor e Orzán.

Convocatorias

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión