Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.
A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.
Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.
Non perdas
Dende o 08/06/2026 ata o 16/07/2026
A Escola de Tempo Libre Chave e APAE organizan un curso de monitores/as de actividades de tempo libre que terá lugar de luns a xoves en modalidade semipresencial.
Ata o 05/05/2026
O Concello de Carnota convoca un proceso selectivo, polo sistema de concurso-oposición, para a formación dunha listaxe para a provisión de postos de traballo de técnico/a de atención a Museos e/ou Espazos Interpretativos, que se cubrirán mediante contratación laboral temporal.
Ata o 18/05/2026
ás 15:00 horas.
O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca prazas de profesores e profesoras en Seccións Bilingües de español en centros educativos de Bulgaria, China, Eslovaquia, Estonia, Hungría, Moldavia, Polonia, República Checa, Romanía e Rusia para o curso 2026-2027.
Ata o 17/05/2026
A Fundación Colección Thyssen-Bornemisza, coa colaboración da Comunidad de Madrid, convoca un concurso dirixido a creadores co obxecto de que estes reinterpreten libremente obras pertencentes á Colección Permanente do Museo Nacional Thyssen-Bornemisza.
Ata o 04/05/2026
A Academia Galega do Audiovisual e as catro deputacións galegas premian, por décimo ano consecutivo, a excelencia na investigación científica no ámbito audiovisual. Establécense dúas categorías: videoensaios e ensaios.
Ata o 02/05/2026
Casa África convoca o seu XVI Concurso Fotográfico «Obxectivo África», que premiará as fotografías que mellor dean a coñecer os aspectos positivos do continente africano. A temática deste ano é África en presente: fotoperiodismo e mirada crítica.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible