Quedaches con algunha dúbida? Ponte en contacto connosco se necesitas ampliar a información.
O voluntariado é o conxunto de actividades de interese xeral que teñen carácter solidario, sempre que a súa realización sexa libre, se leven a cabo sen contraprestación económica ou material, e que se desenvolvan a través de entidades de voluntariado conforme a programas concretos, tanto dentro como fóra do territorio español.
Son actividades de interese xeral as vinculadas coa acción social e os servizos sociais, as de natureza sociosanitaria, de defensa dos dereitos humanos, da infancia, das persoas con discapacidade, da efectividade dos dereitos en condicións de igualdade das mulleres, educativas, de cooperación ao desenvolvemento, de loita contra a pobreza e a exclusión social, culturais, de defensa do patrimonio cultural, científicas, de fomento do uso de novas tecnoloxías, de protección civil, de prevención de situacións de emerxencia, de protección de persoas consumidoras e usuarias, deportivas, de lecer e tempo libre, de defensa ecolóxica e protección do medio ambiente, de defensa dos dereitos lingüísticos, de dinamización do mundo rural, de defensa da economía ou da investigación, de desenvolvemento da vida asociativa, de fomento da acción voluntaria ademais de todas aqueloutras que poidan contribuír á consecución dos principios da acción voluntaria.
As actividades illadas ou esporádicas, periódicas ou non, prestadas á marxe de entidades de voluntariado, as executadas por razóns familiares, de amizade ou de boa veciñanza. Ademáis, no voluntariado non pode substituír nunca o traballo remunerado ou a prestación de servizos profesionais retribuídos.
Son entidades de acción voluntaria aquelas entidades legalmente constituidas, que non teñen ánimo de lucro, isto é, que non buscan beneficio económico, e que de modo organizado e estable realizan programas específicos de voluntariado.
Poden ser entidades privadas ou públicas (é dicir, unha administración: Estado, Xunta, concellos, deputacións...).
A Xunta ten un Rexistro de Entidades de Acción Voluntaria. Podes utilizar o buscador da seguinte ligazón: https://voluntariadogalego.org/entidades
Non. As persoas menores de idade poderán participar en programas e proxectos de voluntariado especificamente adaptados ás súas características, mediante autorización expresa das súas nais, pais, titores ou da institución que os teña ao seu cargo, con respecto en todo caso á vontade da ou do menor.
O primeiro paso é pensar ben cales son os teus interereses e que podes facer polos demais. Analiza as entidades da túa zona, fala con elas e decide. E pensa ben cal é o tempo do que dispoñes.
Unha vez que o teñas decidido, deberás poñerte en contacto coa entidade que elixiras e presentar a túa petición por escrito. A entidade ten a obriga de proporcionarche a información, formación e o asesoramento adecuado, así como os medios que precises. Tamén terán que facerche unha póliza de seguro.
O Concello abriu a Oficina Municipal do Voluntariado. Alí botaranche unha man.
Oficina Municipal de Voluntariado:
Rúa Castiñeiras, 23 - baixo (zona Cuatro Caminos)
Horario de atención presencial para consultas (cita previa) de luns a venres (agás festivos) de 09:00 a 14:00 h
Teléfonos: 981 184 200 - Extensións: 33022 / 33016
Punto de apoio do Paseo das Pontes
Paseo das Pontes s/n (tamén acceso pola Ronda de Nelle, á altura do nº 140)
Horario de atención presencial para consultas e asesoramento (sen cita): martes e xoves de 17:00 a 19:00 h
Teléfono: 652 547 925
As entidades teñen a obriga de faciltarte unha certificación da túa participación na que se expresen, polo menos, a súa natureza e as datas nas que as realizaches. Se o solicitas, tamén terán a obriga de remitilo ao Rexistro de Acción Voluntaria para que podas acreditar o teu historial de experiencias na acción voluntaria.
Dende o 10/10/2024 ata o 30/10/2024
O programa AIX desenvolverase de novembro 2024 a maio 2025
Prazo de envío de solicitudes do 19/09/2024 ata o 02/10/2024, ambos incluidos
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible