Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Actividades de marzo no Espazo Xuvenil O Remanso

O Espazo Xuvenil O Remanso organiza unha serie de actividades durante o mes de marzo. As actividades son todas de balde, para rapaces e rapazas de 12 a 30 anos, ambos cumpridos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 14/03/2026 ata o 28/03/2026

Enderezo:

Espazo Xuvenil O Remanso. A Coruña

Requisitos:

Idades: de 12 a 30 anos.

Contacto:

Espazo Xuvenil O Remanso 

Avda. Fernández Latorre, 70, 15006 A Coruña

Tel.: 621 183 038

Documentos:

Autorización para menores nas actividades do Remanso (PDF) (21 KB)

Para informarse e inscribirse nas que corresponda inscrición:

  • Espazo Xuvenil O Remanso
  • 621 183 038 (teléfono dispoñible no mesmo horario do espazo)

Bótalles un ollo a continuación:

MARZO

  • 14/03/2026 de 18:00 a 20:00h. Pintado de miniaturas. 
    • É necesaria a inscrición (10 prazas)
    • Sexa para as partidas de Dragóns e Mazmorras, sexa para armar un exército de Warhammer ou polo pracer de facelo: hoxe pintamos miniaturas!.
  • 20/03/2026 de 18:00 a 20:00h. Obradoiro de Pixel Art, crea figuras con abelorios.
    • É necesaria a inscrición. (10 prazas)
    • Neste obradoiro aprenderemos a crear as nosas figuras favoritas con abelorios de plástico. Faremos colgantes, imáns ou chaveiros... A túa imaxinación é o límite.
  • 22/03/2026 de 18:00 a 20:00h. Pintado en vidro. 
    • É necesaria a inscrición. (8 prazas) 
    • Non só exercitaremos as nosas habilidades artísticas senón que tamén a nosa paciencia. Ven botar un par de horas pintando connosco!
  • 28/03/2026 de 18:00 a 20:00h. Tarde de xogos de taboleiro: Dogs of War!. 
    • É necesaria a inscrición. (5 prazas) 
    • Mergúllate con nós neste xogo de estratexia, ambientado nun universo steampunk, con certo aire renacentista. Decide con astucia e escolle moi ben a quen lle prestas o teu apoio, para ser quen máis puntos de victoria acumule ao rematar as catro roldas do xogo.

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión