Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Admisión FP: Formación acelerada 2ª edición (xaneiro-xuño)

A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional ven de convocar o proceso de admisión para a 2ª edición da nova Formación Acelerada da FP.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 01/12/2025 ata o 18/12/2025

até as 13:00h.

Requisitos:

  • Para realizar unha formación acelerada será preciso ter dezaoito anos ou facelos no ano 2026 e cumprir os requisitos de acceso ao grao básico, medio ou superior segundo corresponda.
  • Acceso persoas con titulación estranxeira: os datos persoais e académicos da credencial de homologación ou da declaración responsable para inscrición condicionada teñen que coincidir cos da solicitude de admisión.

Páxina web:

www.edu.xunta.gal/fp/ven-fp

Contacto:

Departamento de Orientación de calquera centro público de Galicia con oferta de FP

Servizo de Xestión da Formación Profesional

tel: 881 997 408 / 881 996 559

e-correo: admision.ciclos@edu.xunta.gal

Que é a Formación Acelerada

  • Bloque coherente de módulos que dan lugar, a lo menos, a unha certificación académica e profesional.
  • Concéntrase nun período curto de tempo, de 4 a 6 meses.
  • Dúas edicións pro curso académico: a 1ª edición de setembro a xaneiro e a 2ª edición de xaneiro a xuño.

Finalidade

  • Obter unha cualificación de xeito rápido.
  • Acumular esta formación para obteren posteriormente un título.
  • Facilitar o acceso ao emprego nos sectores clave para Galicia nos que existe plena inserción profesional.

Solicitude

Deberase cubrir 1 solicitude de admisión para Formación acelerada na que se poderá optar a 2 formacións, utilizando o asistente informático que estará dispoñible en www.edu.xunta.gal/fp . A aplicación avisará no caso de que sexa necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico. Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique que para ser unha solicitude válida teña que ser entregada, xunto coa documentación necesaria, nun centro educativo con oferta de Formación acelerada sostida con fondos públicos, para ser selada, datada e validada.

Calendario proceso de admisión Formación acelerada 2ª edición

  • Prazo de presentación de solicitudes: do 1 de decembro ás 9:00h até o  18 de decembro ás 13:00h de 2025.
  • Publicación de resolución provisional de solicitudes: 9 de xaneiro de 2026.
  • Reclamación contra a resolución provisional de solicitudes: do 9 de xaneiro ás 9:00h até o 13 de xaneiro ás 13:00h.
  • Resolución definitiva de solicitudes: 16 de xaneiro.
  • Período de selección polo centro educativo: do 14 ao 15 de xaneiro ás 12:00h.
  • Resolución das prazas adxudicadas e en espera: 16 de xaneiro.
  • Período de matrícula para a as persoas admitidas: do 16 de xaneiro ás 9:00h ao 23 de xaneiro ás 13:00h de 2026.
  • Adxudicación continuada (chamamento telefónico): do 26 de xaneiro ás 9:00h ao 30 de xaneiro ás 13:00h.
  • Pódense liberar prazas vacantes de Formación Acelerada até o 30 de xaneiro ás 13:00h.

Oferta

En toda Galicia: http://www.edu.xunta.gal/fp/webfm_send/11232

OFERTA DE FORMACIÓN ACELERADA 2ª EDICIÓN NA CORUÑA, 2025-2026

CENTRO

2ª EDICIÓN (xaneiro-xuño)

CIFP Paseo das Pontes

R/ San Pedro de Mezonzo, 4. 15004 - A Coruña

Tlf: 881 961 030

cifp.paseodaspontes@edu.xunta.gal

paseodaspontes.gal

Servizos en restaurante (formación parcial do ciclo M. Servizos en restauración)

- Seguridade e hixiene na manipulación de alimentos

- Operacións básicas en restaurante

- Servizos en restaurante e eventos especiais

- Inglés profesional

- Itinerario persoal para a empregabilidade I

CIFP Someso

R/ Someso, 6. 15008 - A Coruña

Tlf: 881 880 001

cifp.someso@edu.xunta.gal

cifpsomeso.edu.es

Cubertas e impermeabilizacións (formación parcial do ciclo M.  Construción)

- Construción

- Organización de traballos de construción

- Cubricións

- Impermeabilizacións e illamentos

- Itinerario persoal para a empregabilidade I

Planificación e supervisión da área de carrozaría de vehículos automóviles (formación parcial do ciclo S. Automoción)

- Elementos amovibles e fixos non estruturais

- Tratamento e recubrimento de superficies

- Estruturas do vehículo

- Xestión e loxística do mantemento de vehículos

- Técnicas de comunicación e de relacións

- Itinerario persoal para a empregabilidade I

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión