Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Concurso fotográfico FIO 2026

Turismo de Estremadura organiza o concurso fotográfico "As Aves Silvestres" no marco da Feira Internacional de Turismo Ornitolóxico (FIO) 2026.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 08/12/2025

Requisitos:

  • A participación no concurso está aberta a todas as persoas, de calquera idade e nacionalidade, afeccionadas ou profesionais da fotografía, que sexan autoras das imaxes presentadas e posúan os dereitos das mesmas
  • O concurso versará sobre "As aves silvestres", establecéndose cinco categorías de fotografía e unha de vídeo:
    • C1 Retratos de aves
    • C2 Aves na súa contorna
    • C3 Aves en acción
    • C4 Visión artística das aves
    • C5 Novos fotógrafos/as menores de 18 anos
    • Categoría especial de vídeos de natureza
  • Cada autor adulto (maior de 18 anos), pode participar cun máximo de 20 imaxes distribuídas en calquera das categorías (C1, C2, C3 e C4). Non se poderá presentar una mesma fotografía en máis dunha categoría.
  • Para a categoría de novos fotógrafos/as (C5), o número máximo de imaxes será de 15.
  • Para a categoría especial de vídeo, o número máximo de vídeos será dun vídeo por participante.
  • Fotografías:
    • En todas as categorías, as aves poderán ser fotografadas en calquera lugar do mundo.
    • Só se aceptan fotografías capturadas por cámaras dixitais das que se conserve o arquivo RAW.
    • As obras presentaranse obrigatoriamente en formato dixital (JPEG), con 1920 píxeles no seu lado maior a 72 ppp, non debendo superar 2MB de tamaño máximo.
    • Non se poderán incluír bordos, marcas de auga ou firmas. Non se permite a manipulación nin a alteración dixital das fotografías, só os axustes moderados recollidos nas bases.
  • Vídeos:
    • O formato das obras presentadas poderá ser editado para mellorar a súa calidade gráfica e artística.
    • A duración mínima debe alcanzar 30 segundos e o máximo será de dous minutos (120 segundos).
    • Os vídeos poderán ser presentados en formato AVI, MPEG-2, MOV ou MP4 nunha resolución de 1920x1080p.

Remuneración / Custo:

  • Premio gañador absoluto: Importe 2.000 €
  • Premios categorías C1, C2, C3 e C4: 1.000 € por categoría
  • Premio categoría C5 "Novos fotógrafos/as": material fotográfico valorado en 800 €.
  • Premio Especial "Fotógrafo/a estremeño/a :"900 €
  • Premio Especial "Categoría de vídeo": 600 €

Páxina web:

https://fioextremadura.es/concurso-fotografico-fio

Contacto:

Concurso fotográfico FIO Estremadura

correo-e: concurso@fioextremadura.es

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión