Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

VI Programa INCUVI-Consolida da UVigo

A Universidade de Vigo convoca a VI edición do programa INCUVI-Consolida para a concesión dunha axuda que contribúa á consolidación de proxectos emprendedores viables, nacidos ou desenvolvidos total o parcialmente na UVigo e promovidos por persoas recentemente tituladas na mesma.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 10/12/2025

Requisitos:

  • Poderá solicitar a participación as persoas ou equipos emprendedores que fosen beneficiarias dun premio na últimas 3 edicións da convocatoria INCUVI-Avanza e que se presenten co mesmo proxecto desenvolvido durante a súa participación. No caso de presentarse un equipo, so é necesario que a persoa que presenta a solicitude (que actuará como promotor do proxecto) houbera participado na convocatoria INCUVI-Avanza.
  • O proxecto emprendedor poderá presentarse de maneira individual ou por parte dun equipo de 4 persoas como máximo; neste último caso haberá unha persoa que actuará como coordinadora.
  • A persoa ou membros do equipo promotor deberán ter a autoría intelectual das ideas que presentan ou, no seu defecto, dispor dos permisos correspondentes de uso da propiedade intelectual e/ou industrial de terceiros.
  • Non se poderá presentar máis dun proxecto nin pertencer a varios equipos emprendedores.

Remuneración / Custo:

  •  Axuda en especie: 10 horas de asesoramento desde o resolución de concesión ata o mes de setembro. As sesións de mentorización poderán facerse tanto de xeito presencial como en liña.
  • Achega económica máxima de 1.000 € para facer fronte a custos derivados da consolidación do proxecto emprendedor.

Páxina web:

www.uvigo.gal

Contacto:

Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos da Universidade de Vigo

Edificio Exeria. As Lagoas - Marcosende (36310 - Vigo)

Tel.: 986 81 40 94

correo-e: bolsasformacion@uvigo.es

Non perdas

Non perdas

Inscrición en actividades

Proceso de inscrición nas actividades. Despois de cubrir e enviar un formulario recibirás un correo electrónico de confirmación.

+INFO

Como inscribirme nunha actividade

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión