Os espazos municipais de información xuvenil do concello da Coruña, enmárcanse no servizo de Mocidade, dentro da Área de Benestar Social, Participación e Igualdade. Caracterízanse por unha serie de trazos que os fai singulares e defíneos como instrumentos para facilitar a autonomía persoal da mocidade e para ofrecerlles unha atención integral e de calidade. Fronte a un modelo centralizado, o Concello da Coruña aposta pola descentralización dos servizos de información xuvenil e polo achegamento á mocidade, convertendo a dimensión territorial nun eixe estratéxico que permita a creación dunha nova relación co sector xuvenil na súa dimensión máis ampla.
A rede de espazos de información xuvenil da cidade caracterízase por ser centros xeneralistas nos que a xente nova pode atopar toda a información que necesitan: educación, lecer e tempo libre, mobilidade, asociacionismo, vivenda, emprego... Tamén contemplan asesorías especializadas, de centros de interese que, no transcurso dos anos, resultaron de máximo interese para as/os mozas/os da cidade.
Realizan, ademais, un traballo transversal que se desenvolve non só con outras áreas do Concello, senón tamén coas entidades xuvenís, asociacións e colectivos da cidade sendo un espazo que ofrece, ademais de información, recursos especializados atendidos por persoal cualificado e unha atención que oriente e acompañe á mocidade na toma de decisións.
Non perdas
Ata o 12/06/2026
A Bolsa Aella, da Fundación Iberdrola, está dirixida a mulleres interesadas en cursar ciclos de Formación Profesional de Grao Medio ou Grao Superior en áreas crave para o sector enerxético, industrial e tecnolóxico.
Dende o 12/06/2026 ata o 13/06/2026
Ata o 10/06/2026
ás 14:00h.
Nesta actividade ofrécese ao estudantado que quere estudar na USC o vindeiro curso a posibilidade de visitar os distintos centros dos Campus de Santiago e Lugo para recibir información directa dos estudos de Grao que se ofertan.
Dende o 08/06/2026 ata o 11/06/2026
Edición de pimavera da Festa do Cinema. Un evento de 4 días nos que se poderán adquirir as entradas de cinema a 3,50€. As salas de cinema da cidade serán: Os Cantóns cinemas e Cinesa Marineda City.
Dende o 01/06/2026 ata o 07/06/2026
O Concello da Coruña, a través do Servizo Municipal de Deportes, publica a información sobre o proceso de admision para os cursos de iniciación ao golf do verán de 2026, que se impartirán no Campo Municipal de Golf Torre de Hércules os meses de xullo e agosto.
04/06/2026
O Networking anual de AJE Galicia é unha xornada pensada para impulsar o emprendemento galego a través da inspiración, a formación práctica e a creación de conexións profesionais de valor.
Dende o 15/06/2026 ata o 04/09/2026
Ata o 14/06/2026
O Centro Xuvenil Abeiro organiza as mañás de verán 2026 con obradoiros, xogos, actividades de animación á lectura, xincanas de auga e deportes para nenas e nenos nados entre os anos 2014 e 2022.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible