Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Axudas ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo
O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca axudas para o alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2024-2025.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Dende o 30/04/2024 ata o 13/09/2024
Requisitos:
Poderá solicitar as axudas o alumnado que non supere unha determinada renda e/ou patrimonio familiar.
Presentar necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais.
Estar a cursar en centro específico, en unidade de educación especial de centro ordinario ou en centro ordinario que escolarice alumnos que presentan necesidades educativas especiais, algún dos niveis educativos non universitarios.
Así mesmo, poderá solicita as axudas o alumnado con TEA e o alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades.
Remuneración / Dotación:
Compoñentes das axudas e contías:
Ensino: ata 862,00 euros.
Transporte interurbano: ata 617,00 euros.
Comedor escolar: ata 574,00 euros.
Residencia escolar: ata 1.795,00 euros.
Transporte para traslado de fin de semana de alumnos internos en centros de educación especial: ata 442,00 euros.
Transporte urbano: ata 308,00 euros.
Libros e material didáctico: Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria, Formación Profesional Básica, Formación para a transición á vida adulta e outros programas formativos de formación profesional: ata 105,00 euros. Resto de niveis do ensino post-obrigatorio: ata 204,00 euros.
Reeducación pedagóxica ou da linguaxe: ata 913,00 euros para cada unha delas.
Contía asociada a altas capacidades: unha cantidade máxima de 913,00 euros.
Subsidio de contía fixa para gastos adicionais de carácter xeral: 400 euros.
Base de Datos Nacional de Subvencións BDNS(Identif.): 754862
Convócanse para o curso 2024-2025 as seguintes axudas individualizadas:
Axudas directas para o alumnado, incluíndo ao alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade), que requiran por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conduta ou de trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais. Tamén poderá ser beneficiario de axudas directas o alumnado con Trastorno do espectro autista (TEA) que requira estes apoios e atencións educativas específicas.
Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais para familias numerosas. Tamén poderá ser beneficiario destes subsidios o alumnado con TEA, pertencentes a familias numerosas.
Axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.
Subsidio de contía fixa para gastos adicionais de carácter xeral derivados da escolarización do alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociada a discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe. Tamén poderá ser beneficiario deste subsidio o alumnado con TEA que requira estes apoios e atencións educativas específicas e o alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible