Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Campos de Voluntariado en Galicia. Verán 2024

A Xunta de Galicia oferta no verán 2024 un total de 695 prazas en 44 campos de voluntariado que se desenvolverán por todo o territorio galego, Neste programa, que se enmarca dentro da Campaña de Verán da Xunta, poden participar as persoas mozas residentes en Galicia de 18 a 30 anos.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Dende o 17/04/2024 ata o 30/04/2024

Duración:

Entre 10 e 12 días nos meses de xullo, agosto e setembro de 2024.

Prezo:

110 € (82,50 € no caso de acollerse a algún dos descontos establecidos: Carné xove, Familia numerosa, Familia monoparental, Familia acolledora).

A cota inclúe: os gastos de manutención, aloxamento e os derivados das propias actividades dos campos, e un seguro de accidentes e responsabilidade civil. Non inclúe os gastos ocasionados polo traslado (ida e volta) ata o lugar da actividade, que correrán a cargo da persoa voluntaria. 

Requisitos:

  • Persoas mozas residentes en Galicia de 18 a 30 anos. É necesario ter os 18 anos ao inicio do campo de voluntariado e non cumprir os 31 antes do seu remate.
  • A solicitude presentarase en liña, no enlace dispoñible na páxina web de Xuventude habilitado o día de apertura do prazo.
  • Cada persoa solicitante elixirá ata un máximo de tres campos de voluntariado, por orde de prioridade. Na solicitude deberá identificar o campo de voluntariado que solicita co seu código.
  • As persoas con discapacidade deberán facer constar esta circunstancia no apartado que figura no formulario de solicitude, indicando a porcentaxe recoñecida e o tipo de discapacidade que, de ser o caso, presentan, co fin de planificar os apoios persoais necesarios, se os precisase.

Páxina web:

www.xuventude.xunta.es

Contacto:

Consellería de Política Social e Xuventude. Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado

Complexo administrativo San Lázaro, s/n, planta 0. 15707 Santiago de Compostela

Tel. 981 957 115 - 881 999 314

Servizo de Xuventude e Voluntariado na Coruña

Tel. 881 881 238 - 881 881 239 - 881 881 240 - 881 881 241

Documentos:

Folleto Campos Voluntariado Galicia (3 MB)

Os campos de voluntariado son actividades organizadas por entidades e concellos, encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e a súa contorna, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos de diversa temática (medioambiental, social, arqueolóxica, etnográfica, patrimonial, cultural...).  

  • 1ª CONVOCATORIA - Prazo de solicitude do 17 ao 30 de abril. A apertura do formulario será ás 9:00 horas. Cada persoa solicitante só poderá enviar un formulario, no que elixirá ata un máximo de tres campos de voluntariado. As prazas serán adxudicadas por rigorosa orde de recepción das solicitudes. Unha vez adxudicada a praza, a persoa solicitante recibirá un correo electrónico coa documentación que debe cubrir xunto coas instrucións para o pagamento da cota e para presentar a documentación. O prazo para presentar esta documentación é de 2 días hábiles desde o envío do correo electrónico de adxudicación da praza.
  • 2ª CONVOCATORIA - Unha vez asignadas as prazas da 1ª convocatoria, abrirase de novo o formulario na web para aqueles campos con prazas dispoñibles, que permanecerá aberto ata 3 días antes do inicio do campo, de existir prazas vacantes. O día e hora de apertura deste novo prazo será comunicado na propia web. Poderá optar a estas prazas vacantes calquera persoa, incluso aquelas con praza xa adxudicada noutro campo. 

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión