Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Campos de voluntariado noutras Comunidades Autónomas
A Xunta de Galicia oferta prazas en campos de voluntariado na Rioxa, Aragón, Baleares, Cantabria, Castela e León, Castela-A Mancha, Cataluña, Comunidade Valenciana, Ceuta, Estremadura, Euskadi, Madrid, Melilla e Navarra.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Dende o 02/05/2024 ata o 24/05/2024
ás 14:00 h. Prazas libres: do 4 de xuño ata 5 días antes do inicio do campo.
Duración:
Entre 12 e 15 días.
Prezo:
72 euros nos campos en Ceuta.
110 euros nos campos na Rioxa, Aragón, Baleares, Cantabria, Castela e León, Estremadura, Euskadi e Melilla.
110 euros (persoas de 18 a 24 anos) e 121 euros (persoas de 25 a 30 anos) nos campos en Madrid.
120 euros nos campos en Castela-A Mancha, Cataluña, Comunidade Valenciana e Navarra.
A cota inclúe: gastos de manutención, aloxamento, os derivados das propias actividades dos campos e un seguro de accidentes e responsabilidade civil.
Requisitos:
Mocidade galega de 18 a 30 anos.
A solicitude presentarase en liña, no enlace que se habilitará o día de apertura do prazo na páxina web de Xuventude.
As prazas serán adxudicadas, mentres existan vacantes, por orde de recepción das solicitudes, respectando a prioridade sinalada no formulario. Unha vez adxudicada a praza, a persoa solicitante recibirá un correo electrónico coa documentación que debe cubrir xunto coas instrucións para o pagamento da cota e para presentar a documentación.
Os campos de voluntariado son actividades encamiñadas a favorecer e fomentar a convivencia, a participación, a tolerancia e a solidariedade entre a mocidade e a súa contorna, a través da colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos que se levan a cabo baixo o patrocinio, control ou organización de entidades e organismos oficiais, asociacións xuvenís, culturais, humanitarias etc.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible