Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

ESFUERZA Verán 2026

"ESFUERZA" é un programa de actividade física saudable que leva a cabo a Fundación María José Jove. Diríxese a persoas con e sen discapacidade que, con independencia das súas particularidades, desexan mellorar a súa calidade de vida a través de actividades deportivas saudables. ESFUERZA Verán 2026 ofrece actividades no medio natural: Axuda na praia, Sendeirismo, Vela e Piragüismo inclusivo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 29/06/2026 ata o 18/09/2026

Inscricións:

Dende o 18/05/2026 ata o 25/05/2026

ás 14.00 horas

Prezo:

A actividade de axuda en praia e sendeirismo é gratuíta. As actividades de vela e piragüismo teñen un custo de 20 € por persoa e quenda (gratuidade por renda e por desemprego).

Requisitos:

Vela e Piragüismo inclusivos:

• Persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% e maiores de 8 anos ao comezo do programa.

• Persoas sen discapacidade, maiores de 8 anos ao comezo do programa e que saiban nadar.

Axuda en praia:

• Persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33% e maiores de 8 anos ao comezo do programa.

Sendeirismo inclusivo:

• Persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33%, maiores de 8 anos ao comezo do programa, que sexan autónomos nas Actividades Básicas da Vida Diaria (ABVD) e que participen cunha persoa adulta ao seu cargo.

• Persoas sen discapacidade e maiores de 12 anos ao comezo do programa.

As solicitudes de inscrición realizaranse exclusivamente en liña, a través do "Portal de Inscricións" da páxina web da Fundación María José Jove https://porta.fundacionmariajosejove.org/

Páxina web:

www.fundacionmariajosejove.org

Contacto:

Fundación María José Jove

Rúa Galileo Galilei, 6. Edificio Work Center. A Grela. 15008 A Coruña

Tel.: 981 160 265

info@fundacionmariajosejove.org

Documentos:

bases.pdf (322 KB)

díptico.pdf (496 KB)

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión