Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Exposición fotográfica "A Leica de James Rhodes"

A Sala de Exposicións do Pazo de María Pita volve abrir as súas portas, tras unhas pequenas obras de acondicionamento, coa exposición fotográfica "A Leica de James Rhodes", que consta de 29 imaxes dunha beleza senlleira, nacidas dun orixinal proxecto participativo.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

ata o 23/05/2021

Enderezo:

Sala de Exposicións do Palacio Municipal. Praza de María Pita 1, Bj. 15001 A Coruña

Páxina web:

https://www.coruna.gal/

En novembro do ano pasado, o prestixioso pianista James Rhodes tivo a iniciativa, desde a súa conta de twitter, de agasallar a súa cámara Leica Q2 á autora ou autor da fotografía que máis lle gustase entre as enviadas nos tres días seguintes. Máis de 11.000 chíos despois, o músico afincado en Madrid e mais o seu veciño e actor Javier Cámara propuxeron a Leica Camera organizaren unha exposición cunha selección das imaxes recibidas que, tras pasar por Madrid, chega agora á cidade.

Un dos elixidos para a exposición foi o fotógrafo coruñés Sindo Novoa, cunha imaxe do faro de Punta Nariga en Malpica de Bergantiños, que expresou o seu desexo de que a mostra, de gran calidade, se puidera ver tamén na cidade. 

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión