Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

"Indóciles. Luísa Villalta a escena"

O centro Ágora acolle esta peza multidisciplinar na que Vero Rilo, Nuria Vil e Mónica de Nut, crean un universo singular arredor do legado de Luísa Villalta. O espectáculo forma parte do programa Agra no Ágora 2024, un programa financiado polo Concello da Coruña e deseñado en colaboración coa Asociación Veciñal Agra do Orzán.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

03/05/2024

Horario:

20.15 h

Prezo:

entrada libre

Páxina web:

www.coruna.gal/agora

Contacto:

Asociación Veciñal Agra do Orzán 

Rúa Entrepeñas, 38 soto (15010 - A Coruña)

Tel.: 981 26 10 44

correo-e: agra@galizacultura.gal

http://galizacultura.gal/agra

"Indóciles" é un proxecto multidisciplinar que achega ao público a obra de Luísa Villalta, unha autora comprometida e versátil cun legado literario provocador e rebelde. Da man de Vero Rilo, Nuria Vil e Mónica de Nut, o legado e a voz de Villalta volven ao escenario.

Vero Rilo é narradora oral. Mónica de Nut canta ópera, jazz, música de raíz, música experimental que mestura coa interpretación teatral e danza contemporánea. Nuria Vil é "resitadora", filóloga e poeta galega presente no circuíto de poesía galega oral.

LUGAR: Auditorio do Centro Ágora (Lugar da Gramela, 17. 15010 - A Coruña)

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión