Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Axudas de mobilidade para alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores

A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas ao alumnado que cursa ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia no curso 2023/24.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 02/05/2024

Duración:

O programa de mobilidade será realizado durante o curso académico 2023/24. A estadías será dun máximo de nove meses e dun mínimo de dous meses.

Requisitos:

  • Estar matriculado/a en estudos conducentes a unha titulación de grao en ensinanzas artísticas superiores (nivel MECES 2) no curso 2023/24 en calquera dos centros públicos de ensinanzas artísticas superiores da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Ter obtido unha bolsa Erasmus+ de mobilidade no curso 2023/24.
  • Non ter desfrutado desta axuda complementaria en convocatorias anteriores.
  • Queda excluído desta convocatoria o alumnado que, con nacionalidade distinta á española ou con dobre nacionalidade, realice a mobilidade nos seus países de orixe ou nalgún país do cal é nacional. Así mesmo, queda excluído da convocatoria o alumnado que non se desprace ao país de destino.

Remuneración / Dotación:

As axudas terán a seguinte contía, en función dos grupos de países determinados no programa Erasmus+:

  • De 195 €/mes para un país de destino do grupo 1: Dinamarca, Finlandia, Irlanda, Islandia, Liechtenstein, Luxemburgo, Noruega, Suecia. 
  • De 165 €/mes para un país de destino do grupo 2: Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, Grecia, Francia, Italia, Malta, Países Baixos, Portugal.
  • De 125 €/mes para un país de destino do grupo 3: República de Macedonia do Norte, Bulgaria, Croacia, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Hungría, Letonia, Lituania, Polonia, República Checa, Romanía, Serbia, Turquía.

Páxina web:

www.edu.xunta.gal

Contacto:

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades

Edificio Administrativo San Caetano, s/n. 15781  Santiago de Compostela 

Teléfono: 981 546 585

Dúbidas relacionadas coa convocatoria: sereap@edu.xunta.gal

Dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios: teléfono de información 012 ou enderezo electrónico 012@xunta.gal 

Publicación: DOG 02/04/2024

Sede electrónica (sede.xunta.gal): procedemento ED322A

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión