Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Bolsas Comedor UDC 2023-24

A Universidade da Coruña (UDC) convoca 200 bolsas de comedor para o alumnado matriculado no curso 2023/24, coa finalidade de garantir a igualdade de oportunidades daquel pertencente a familias con rendas baixas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 16/05/2024

Requisitos:

As persoas solicitantes deberán cumprir polo menos un dos seguintes requisitos:

a) Estar aloxadas durante todo o curso académico 2023/24 nunha residencia universitaria da UDC, no marco da convocatoria de prazas nas residencias públicas universitarias dos campus de Ferrol e A Coruña para o alumnado da UDC. Deberán ademais estar ao corrente no pagamento dos recibos.

b) Ter concedida unha axuda da convocatoria da UDC para o alumnado en situacións de dificultades económicas, no curso 2023/24.

c) Ter concedida unha axuda da convocatoria da UDC do programa para a promoción dos estudos universitarios entre persoas solicitantes de asilo ou protección internacional "Join our commitment to action: emergency support for students from wartorn countries and conflict affected societies", para o curso 2023/24.

d) Ter concedida unha axuda do plan propio da UDC para alumnado en situación de refuxio do programa ABRIGA, no curso 2023-24.

Incompatibilidades: Esta bolsa é incompatible con calquera outra axuda ou bolsa destinada ao mesmo fin de calquera administración ou entidade pública ou privada.

Páxina web:

https://www.udc.es/gl/

Contacto:

UDC

bolsas@udc.gal indicando no asunto "Bolsas comedor"

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión