O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) oferta 15 bolsas de verán co obxecto de fomentar a iniciación á investigación e atraer a estudantes de alto nivel interesados en realizar unhas prácticas formativas extra curriculares no marco dun proxecto de investigación.
Para público en xeral
Ata o 18/05/2026
- Estar cursando estudos de graos en Enxeñaría Informática, en Intelixencia Artificial, Robótica, Enxeñaría de Telecomunicacións, Física, Matemáticas ou disciplinas afíns.
- A nota media do expediente académico debe ser igual ou superior a 8 puntos sobre unha base de 10, debendo ter superado polo menos o 55% dos créditos da titulación.
- Unha axuda xeral que terá unha contía máxima de 850 euros (brutos) ou a parte proporcional no caso de que a estancia sexa inferior.
- Unha axuda para os gastos de desprazamento no caso de alumnado residente fóra de Santiago, coas seguintes condicións:
Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes - CiTIUS
R/ Jenaro de la Fuente Domínguez, 15782 - Santiago de Compostela
Tel. 881 816 400
Período de realización da bolsa
Realizaranse preferentemente durante o mes de xullo de 2026 (do 01 ao 31 de xullo de 2026).
Xornada completa de 30 horas/semana.
Horario a convir co persoal investigador principal do grupo de acollida.
Solicitudes
Os/as aspirantes deberán remitir a documentación requirida a través da Sede Electrónica da Universidade de Santiago de Compostela, usando o formulario de solicitude dispoñible nesta ligazón, que deberán dirixir ao Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS).
Xunto ao formulario de solicitude deberá anexarse a seguinte documentación:
Copia da certificación académica do grao ou título equivalente, no que consten as cualificacións obtidas, e con expresión da nota media en base 10.
Copia do xustificante de matrícula correspondente ao curso 2025/2026, ou documento acreditativo expedido pola universidade correspondente.
Currículo vitae da persoa solicitante.
Carta de motivación, incluíndo a expresión do interese na obtención da bolsa.
Dende o 06/07/2026 ata o 08/07/2026
Ata o 16/06/2026
Dende o 19/05/2026 ata o 10/09/2026
ás 15:00 horas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible