Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Información Juvenil

Área de Bienestar Social

Bolsas de verán para a iniciación á investigación no CiTIUS

O Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS) oferta 15 bolsas de verán co obxecto de fomentar a iniciación á investigación e atraer a estudantes de alto nivel interesados en realizar unhas prácticas formativas extra curriculares no marco dun proxecto de investigación.

A quién va dirigido:

Para público en general

Inscripciones:

Hasta el 18/05/2026

Requisitos:

- Estar cursando estudos de graos en Enxeñaría Informática, en Intelixencia Artificial, Robótica, Enxeñaría de Telecomunicacións, Física, Matemáticas ou disciplinas afíns.

- A nota media do expediente académico debe ser igual ou superior a 8 puntos sobre unha base de 10, debendo ter superado polo menos o 55% dos créditos da titulación.

Remuneración / Dotación:

- Unha axuda xeral que terá unha contía máxima de 850 euros (brutos) ou a parte proporcional no caso de que a estancia sexa inferior.

- Unha axuda para os gastos de desprazamento no caso de alumnado residente fóra de Santiago, coas seguintes condicións:

  • o Alumnado de Galicia: ata un máximo de 80 euros.
  • o Alumnado de fóra de Galicia: ata un máximo de 300 euros.

Página web:

https://citius.gal

Contacto:

Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes - CiTIUS

R/ Jenaro de la Fuente Domínguez, 15782 - Santiago de Compostela

Tel. 881 816 400

citius.rrhh@usc.gal

Documentos:

bases.pdf (1 MB)

Período de realización da bolsa

Realizaranse preferentemente durante o mes de xullo de 2026 (do 01 ao 31 de xullo de 2026).

Xornada completa de 30 horas/semana.

Horario a convir co persoal investigador principal do grupo de acollida.

Solicitudes

Os/as aspirantes deberán remitir a documentación requirida a través da Sede Electrónica da Universidade de Santiago de Compostela, usando o formulario de solicitude dispoñible nesta ligazón, que deberán dirixir ao Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CiTIUS).

 Xunto ao formulario de solicitude deberá anexarse a seguinte documentación:

  • Copia da certificación académica do grao ou título equivalente, no que consten as cualificacións obtidas, e con expresión da nota media en base 10. 

  • Copia do xustificante de matrícula correspondente ao curso 2025/2026, ou documento acreditativo expedido pola universidade correspondente.

  • Currículo vitae da persoa solicitante.

  • Carta de motivación, incluíndo a expresión do interese na obtención da bolsa.

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión