Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Convocatoria de bolsas mobilidade internacional de estudantes para prácticas

A Univesidade da Coruña ten convocadas as bolsas de mobilidade internacional de estudantes para prácticas en empresas programa Erasmus + prácticas (SMT) Curso 2023/2024.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Inscricións:

Ata o 15/05/2024

As persoas candidatas deberán completar as súas solicitudes un mes (30 días naturais) antes da data prevista para o inicio da mobilidade.

Duración:

As estadías realizaranse entre o 1/09/2023 e o 30/09/2024 e terán unha duración de entre 2 e 12 meses.

Requisitos:

  • No momento de presentar a solicitude de mobilidade, o/a candidato/a debe estar matriculado/a en estudos oficiais de grao, de mestrado ou de doutoramento. Ademais, dentro da titulación oficial da que se trate, o estudante debe estar matriculado en materias que teñan relevancia para a obtención do título oficial da UDC, non será suficiente para cumprir co requisito unha matrícula composta exclusivamente por materias optativas que non sexan necesarias para obter a titulación.
  • Son elixibles as empresas ou organizacións dos 26 estados membros da Unión Europea (agás España), dos tres países integrantes do espazo económico europeo (Islandia, Liechtenstein e Noruega), Turquía, Macedonia e Serbia.
  • Advírtese de que, independentemente do nivel de coñecemento de idioma estranxeiro esixido pola UDC e a maiores deste, a institución/empresa de destino poderá impoñer os seus propios requisitos a este respecto. O incumprimento destes requisitos impostos pola institución de destino determinará o rexeitamento da candidatura do/a estudante e a imposibilidade de efectuar a estadía, aínda que no proceso de selección da UDC se lle concedese a praza de mobilidade...

Remuneración / Dotación:

O importe da axuda será o que dispoña o Servizo Español para a Internacionalización da Educación (SEPIE), para a mobilidade de larga duración para prácticas de estudantes a estados membros da UE ou terceiros países asociados ao programa, no marco do proxecto 2022-1-ES01-KA131-HED-000056330.

Páxina web:

www.udc.gal/bolsas

Contacto:

Oficina de Relacións Internacionais da UDC

Campus da Coruña:

Casa do Lagar. Campus de Elviña, s/n. 15008- A Coruña

tel.: 981 167 000 (ext. 1959 /1960)

e-correo: outgoing.rrii@udc.es

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión