29 resultados

Ata o 20/01/2026
ata as 23:00h.
Vulcanus en Xapón é un programa para a realización de prácticas industriais en Xapón para estudantes de enxeñería ou outros campos científicos.

Ata o 22/12/2025
ás 12:00h.
O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca axudas para participar no programa nacional Recuperación e utilización educativa de pobos abandonados en Granadilla (Cáceres), Umbralejo (Guadalaxara) e Búbal (Huesca).

Ata o 11/09/2026
Co fin de animar á cidadanía a facerse cargo dun animal abandonado e por terceiro ano consecutivo, a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático convoca unha liña de axudas destinadas a fomentar a adopción de animais domésticos de compañía acollidos nos centros de recollida autorizados.

Ata o 15/01/2026
O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes convoca prazas para auxiliares de conversación en Alemaña, Australia, Austria, Bélxica, Brasil, Canadá, Estados Unidos, Estonia, Francia, Irlanda, Italia, Malta, Noruega, Nova Zelandia, Portugal, Reino Unido, Suíza e Tailandia.

Ata o 31/12/2026
A Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes amplía o prazo de vixencia da tarifa específica Xente Nova no transporte público interurbano da competencia da Xunta de Galicia, para o ano 2026.

A Fundación Bogliasco outorga bolsas residenciais dun mes a persoas de todas as idades e nacionalidades que estean a desenvolver un traballo novo e importante nas artes e as humanidades.

Ata o 19/01/2026
ata as 14:00 h.
A Fundación "a Caixa" convoca 100 bolsas para cursar estudos de posgrao en universidades ou centros de investigación do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES), América do Norte ou Asia-Pacífico.

Dende o 15/11/2025
según programa de subvencións.
A Deputación Provincial da Coruña convoca subvencións a entidades privadas sen ánimo de lucro da provincia.

Ata o 28/02/2026
A Fundación Dádoris abre o prazo de solicitude da 9ª convocatoira dos Premios ao Mérito e Liderado 2026-2027, destinados a persoas novas de bacharelato con excelentes resultados académicos, en situación económica precaria (Limiar 1 Administración) e que queren cursar estudos superiores nunha universidade española.

Ata o 31/01/2026
a Fundación Cuatrecasas convoca as Bolsas Manuel Olivencia para estudantes de Dereito.
resultados 29
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible