Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
A Editorial Elvira convoca o 11º Certame Nacional de Relato Vigo Histórico, un concurso que ten como obxectivo fundamental dar un espazo onde expresarse aos escritores e escritoras noveis.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 30/06/2024
Requisitos:
Poderá participar no certame calquera persoa maior de idade, de calquera nacionalidade e residente en España ou no estranxeiro, con obras escritas en galego ou castelán.
O tema será libre, aínda que a acción ten que transcorrer en Vigo, sendo a cidade parte transcendental do relato, un elemento destacado, como o son as personaxes ou a trama. O incumprimento deste punto invalida a participación no certame.
As obras serán inéditas, non premiadas en ningún outro concurso, non publicadas en soporte físico e/ou dixital, nin suxeitas a compromiso de edición.
Admitirase só un texto por autor/a, cunha extensión máxima de 4 páxinas por unha cara ou ben o equivalente a 8.000 caracteres con espazos, en formato Word, tamaño DIN A4, tipo de letra Times New Roman, tamaño de fonte 12 e entreliñado 1,5
Remuneración / Custo:
1º Premio: 1.000 € + un lote de libros valorado en 200 €
2º Premio: 500 € + un lote de libros valorado en 200 €
ata 4 Accésits: 200 € + un lote de libros valorado en 200 €, para cada accésit.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible