Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Ciclo Biblioteca Verde: Naturaliza o teu barrio

As Bibliotecas Municipais organizan un novo ciclo de actividades enmarcadas dentro do programa de encontros participativos Biblioteca Verde. Baixo o título "Naturaliza o teu barrio", exploraranse diversos aspectos vinculados ao coñecemento e aproveitamento da contorna natural na Coruña.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 02/05/2024, 16/05/2024, 11/06/2024

Prezo:

acceso libre ata completar capacidade

Páxina web:

www.coruna.gal/bibliotecas

Contacto:

Rede de Bibliotecas Municipais da Coruña

www.coruna.gal/bibliotecas/gl/conecenos/as-biblios

PROGRAMA:

  • 2 de maio ás 18.30 h. na Biblioteca Municipal Durán Loriga: "Bosques comestibles", charla divulgativa do equipo Perennia.
  • 16 de maio ás 18.30 h. na Biblioteca Municipal Os Rosales: "Plantas medicinais: pasado, presente e futuro", charla de Mª Ángeles Bernal Pita da Veiga, catedrática da UDC.
  • 11 de xuño ás 18.00 h. na Biblioteca Municipal Sagrada Familia: "Recoñecendo as aves da contorna", percorrido guiado por Antonio Sandoval polos arredores da biblioteca para observación de aves silvestres urbanas.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión