A Asociación pola Liberdade Afectivo-Sexual (Alas A Coruña) e os Museos Científicos Coruñeses organizan unha xornada de divulgación (Divulgatón) sobre a identidade de xénero, dirixida a persoas de entre 16 e 25 anos. A actividade terá lugar mediante a metodoloxía do que se coñece como ‘hackaton’, ou competición colaborativa, na que se abordará a temática da identidade de xénero desde unha perspectiva científica, social e cultural.
persoas de entre 16 e 25 anos
Para público en xeral
12/10/2018
Xa rematou
Dende o 03/10/2018 ata o 11/10/2018
de 10:00 a 20:00 h
Museos Científicos Coruñeses en colaboración coa Asociación pola Liberdade Afectivo-Sexual (Alas A Coruña)
Os grupos de traballo desenvolverán unha iniciativa, que poderá ser unha actividade, módulo ou publicación, que podería desenvolverse na Domus arredor da temática da identidade de xénero. Ao acabar o evento, todos os grupos expoñerán o seu proxecto e unha das ideas será seleccionada para ser executada.
Inscrición: para participar é preciso preinscribirse a través dun formulario electrónico dende o mércores 3 de outubro, dispoñible no enderezo https://goo.gl/forms/npk65S74Z94Dth0B3
Dende o 04/05/2024 ata o 25/05/2024
Con diferentes prazos de inscrición para cada actividade
Dende o 02/05/2024 ata o 24/05/2024
ás 14:00 h. Prazas libres: do 4 de xuño ata 5 días antes do inicio do campo.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible