Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Concellería de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá

Escola de Benestar e Apoderamento: obradoiros e conversas entre mulleres

O Concello da Coruña, a través da Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación Cidadá, presenta a "Escola de Benestar e Apoderamento", un recurso dirixido principalmente a mulleres e adolescentes do concello que conta cun programa de obradoiros formativos presenciais e conversas online articulados en eixes temáticos e dirixidos á promoción do autocoidado, á creación de redes, á reflexión colectiva da nosa realidade e ao intercambio de ferramentas para cambiala

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 28/09/2022 ata o 19/12/2022

Prezo:

gratuítos

Páxina web:

https://www.coruna.gal/igualdade

Contacto:

Escola de Benestar e Apoderamento

Tel.: 608 710 978

correo-e: escoladeapoderamento@coruna.gal

PROGRAMA: 

  • Eixe Temático CANONS, ESTEREOTIPOS E ROLES
    • do 28 de setembro ao 5 de outubro no CIM: Que espero de min? Cada etapa un proxecto (mulleres de 12 a 17 anos)
    • do 4 ao 11 de outubro no CIM: Que espero de min? Cada etapa un proxecto (mulleres de 18 en diante)
    •  do 14 ao 21 de outubro no CIM: Que ven cando me ven? As bonecas hipersexualizadas (mulleres 12 a 17 anos)
    • 13 de decembro online: Publicidade e imaxe persoal das mulleres e nenas (adolescentes de 3º e 4º da ESO e ciclos FP)
    • 13 de decembro online: Publicidade e imaxe persoal das mulleres e nenas (nais e pais)
  • Eixe Temático CIBERACTIVISMO
    • do 19 de outubro ao 23 de novembro na Aula CeMIT do CCM Eirís: Redes sociais, ciberseguridade e ciberactivismo na rede (mulleres de 18 en diante)
  • Eixe Temático VIOLENCIAS MACHISTAS
    • 21 de outubro online: Violencia de xénero: violencias sexuais (abuso, acoso e agresión sexual) (profesionais: ámbito educativo)
    • 25 de outubro online: Violencia de xénero: violencias sexuais (abuso, acoso e agresión sexual) (nais e pais)
    • 3 de novembro online: Violencia de xénero: violencias sexuais (abuso, acoso e agresión sexual) (adolescentes: 3º e 4ª da ESO e ciclos FP)
  • Eixe Temático SEXUALIDADE
    • do 19 ao 26 de outubro no CIM: Cara unha sexualidade sá e segura (mulleres de 16 a 17 anos)
    • 8 de novembro online: Diversidade sexual e apoderamento (mulleres de 18 en diante)
  • Eixe Temático EXPRESIÓNS ARTÍSTICAS
    • do 4 de novembro ao 2 de decembro no CIM: Arteterapia a través do debuxo ou pintura (mulleres de 12 a 17 anos)
  • Eixe Temático AUTOCOIDADO A TRAVÉS DO ADESTRAMENTO FÍSICO
    • do 3 de outubro ao 19 de decembro no CIM: Seguridade persoal e colectiva a través da autodefensa (mulleres maiores de 60 anos)
    • do 3 de outubro ao 19 de decembro no CIM: Seguridade persoal e colectiva a través da autodefensa (mulleres de 18 a 60 anos)

INSCRICIÓN: ata 8 días antes do comezo de cada actividade (con carácter xeral) online en www.coruna.gal/escoladebenestareapoderamento (as prazas asignaranse por orde de inscrición)

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión