Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Formación Dixital

Formación Dixital é un programa formativo enfocado a proporcionar á cidadanía as competencias necesarias para desenvolverse plenamente no mundo dixital. Está acreditado pola Xunta de Galicia. É 100% de balde, 100% online e 100% titorizado.

A quen vai dirixido?:

a toda a cidadanía.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Duración:

8 semanas.

Prezo:

de balde.

Requisitos:

Pódese inscribir calquera persoa maior de 14 anos con DNI, NIE ou pasaporte vixente.

Páxina web:

formaciondixital.gal

Contacto:

Formación Dixital

tel: 681 053 179

e-correo: info@formaciondixital.gal

Documentos:

Folleto informativo (pdf) (1 MB)

A formación terá unha duración de 8 semanas nas que o alumnado poderá desenvolver o curso ao seu propio ritmo (sen horarios).

A aprendizaxe será guiada. Realizaranse sesións grupais de acompañamento con especialistas para resolver dificultades e retos.

O temario impartirase dunha forma amena e atractiva mediante contidos formativos, actividades prácticas e material complementario.

Para finalizar o curso, as persoas participantes terán que aprobar de maneira obrigatoria o 80% das actividades avaliativas como demostración da adquisición das competencias.

Obterase un diploma acreditativo oficial da Xunta de Galicia ao rematar cunha equivalencia de 250 horas e 10 ECTS.

Temario

  1. Test autodiagnóstico do nivel de competencias
  2. Busca e xestión da información dixital:
    • Busca, localización e selección da información.
    • Personalización do navegador.
    • Busca de información especializada.
    • Operadores de busca en buscadores.
    • Estratexias de verificación da información e contidos dixitais.
    • Avaliación da información e contidos das páxinas web.
    • Estratexias de selección da información.
    • Fontes de contidos dixitais abertos.
    • Organización e recuperación da información. Organización do espazo de almacenamento na nube.
  3. Comunicación e colaboración:
    • Interacción a través das ferramentas dixitais. Ferramentas de interacción e comunicación. Configuración e personalización das ferramentas de comunicación.
    • Comunidades e redes sociais.
    • Comunicación audiovisual: ferramentas de videoconferencia.
    • Formas e canais para compartir información. Ferramentas para o traballo en equipo. Estratexias de colaboración en liña.
    • Cidadanía dixital. Sistemas de identificación: configuración e uso. Servizos dixitais para a cidadanía e Administración electrónica.
    • A netiqueta dixital. Adaptación á diversidade funcional, de accesibilidade, cultural e xeracional. Xestión de conflitos no marco dixital.
    • A xestión da identidade e pegada dixital. Coidado da reputación e a privacidade en liña. Configuración e actualización de perfís. Suplantación de identidade.
  4. Creación de contidos dixitais:
    • Creación de contidos dixitais con ferramentas de ofimática e as súas funcións principais. Inserción de elementos de formato diverso. Importación e exportación. Cambios de formatos.
    • Creación de contidos multimedia, interactivos e reelaborados. Programas de edición de contidos multimedia: vídeo, imaxe e audios.
    • Creación de contidos web: sitios web, blogs, mapas mentais, infografías e repositorios de recursos. Creatividade e innovación dixital.
    • Os dereitos de autor, licenzas de uso e contidos en aberto. Acceso a contidos multimedia. Licenzas de uso de software.
    • Programación básica. Principios de arquitectura das aplicacións e servizos dixitais. Programación de tarefas. Licenzas de uso de software.
  5. Benestar dixital: seguridade e privacidade:
    • Medidas de protección e seguridade dos meus dispositivos. Actuación ante perigos e ameazas. Consellos e estratexias para evitar riscos. Antivirus. Antimalware. Firewall.
    • Dereitos e deberes no uso de datos persoais. Coidado da privacidade propia e allea.
    • Benestar e inclusión dixital. Identificación e actuación ante os riscos para a saúde. Medidas preventivas para menores e colectivos vulnerables e a inclusión dixital.
    • Sostibilidade tecnolóxica. Alargando a vida dos meus dispositivos. O consumo dixital e as medidas de protección.
  6. Marco dixital e resolución de problemas:
    • Personalización dos dispositivos tecnolóxicos. Configuración e mantemento do software. Resolución de problemas frecuentes.
    • Mellora dos dispositivos tecnolóxicos. Novos periféricos e os seus usos. Elección de ferramentas.
    • Tecnoloxías emerxentes.
  7. Avaliación final e diploma de acreditación

Beneficios desta formación

  • Realizar trámites coa administración pública.
  • Crear e xestionar as túas redes sociais e facer videochamadas.
  • Coñecer as principais ferramentas de seguridade.
  • Editar vídeo e fotografía.
  • Ampliar o teu mercado laboral, empregando aplicacións e programas.
  • E moitas máis habilidades dixitais que che farán a vida máis sinxela.
  • A preparación necesaria para optar á obtención do ComDix*Estes cursos formativos non outorgan directamente a certificación ComDix. Será necesario presentarse ás probas de certificación específicas convocadas pola Amtega.

Non perdas

Non perdas

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión