Uso de cookies en las páginas web del Ayuntamiento de A Coruña
Utilizamos cookies propias (sesión, personalización, preferencias) para mejorar la experiencia del usuario a través del sitio web y cookies de terceros generadas por servicios o proveedores externos a la webque recopilan datos estadísticos, de uso, gustos de los usuarios, etc Aceptando todas las cookies da su consentimiento expreso para que se registren y utilicen tanto las cookies propias como las de terceros. Rechazando las cookies acepta que se utilicen exclusivamente las cookies propias para mejorar la experiencia de usuario. Puede obtener más información, o conocer como cambiar la configuración, en nuestra página de Normas de uso
Formación Dixital é un programa formativo enfocado a proporcionar á cidadanía as competencias necesarias para desenvolverse plenamente no mundo dixital. Está acreditado pola Xunta de Galicia. É 100% de balde, 100% online e 100% titorizado.
¿A quién va dirigido?:
a toda a cidadanía.
A quién va dirigido:
Para público en general
Duración:
8 semanas.
Precio:
de balde.
Requisitos:
Pódese inscribir calquera persoa maior de 14 anos con DNI, NIE ou pasaporte vixente.
A formación terá unha duración de 8 semanas nas que o alumnado poderá desenvolver o curso ao seu propio ritmo (sen horarios).
A aprendizaxe será guiada. Realizaranse sesións grupais de acompañamento con especialistas para resolver dificultades e retos.
O temario impartirase dunha forma amena e atractiva mediante contidos formativos, actividades prácticas e material complementario.
Para finalizar o curso, as persoas participantes terán que aprobar de maneira obrigatoria o 80% das actividades avaliativas como demostración da adquisición das competencias.
Obterase un diploma acreditativo oficial da Xunta de Galicia ao rematar cunha equivalencia de 250 horas e 10 ECTS.
Temario
Test autodiagnóstico do nivel de competencias
Busca e xestión da información dixital:
Busca, localización e selección da información.
Personalización do navegador.
Busca de información especializada.
Operadores de busca en buscadores.
Estratexias de verificación da información e contidos dixitais.
Avaliación da información e contidos das páxinas web.
Estratexias de selección da información.
Fontes de contidos dixitais abertos.
Organización e recuperación da información. Organización do espazo de almacenamento na nube.
Comunicación e colaboración:
Interacción a través das ferramentas dixitais. Ferramentas de interacción e comunicación. Configuración e personalización das ferramentas de comunicación.
Comunidades e redes sociais.
Comunicación audiovisual: ferramentas de videoconferencia.
Formas e canais para compartir información. Ferramentas para o traballo en equipo. Estratexias de colaboración en liña.
Cidadanía dixital. Sistemas de identificación: configuración e uso. Servizos dixitais para a cidadanía e Administración electrónica.
A netiqueta dixital. Adaptación á diversidade funcional, de accesibilidade, cultural e xeracional. Xestión de conflitos no marco dixital.
A xestión da identidade e pegada dixital. Coidado da reputación e a privacidade en liña. Configuración e actualización de perfís. Suplantación de identidade.
Creación de contidos dixitais:
Creación de contidos dixitais con ferramentas de ofimática e as súas funcións principais. Inserción de elementos de formato diverso. Importación e exportación. Cambios de formatos.
Creación de contidos multimedia, interactivos e reelaborados. Programas de edición de contidos multimedia: vídeo, imaxe e audios.
Creación de contidos web: sitios web, blogs, mapas mentais, infografías e repositorios de recursos. Creatividade e innovación dixital.
Os dereitos de autor, licenzas de uso e contidos en aberto. Acceso a contidos multimedia. Licenzas de uso de software.
Programación básica. Principios de arquitectura das aplicacións e servizos dixitais. Programación de tarefas. Licenzas de uso de software.
Benestar dixital: seguridade e privacidade:
Medidas de protección e seguridade dos meus dispositivos. Actuación ante perigos e ameazas. Consellos e estratexias para evitar riscos. Antivirus. Antimalware. Firewall.
Dereitos e deberes no uso de datos persoais. Coidado da privacidade propia e allea.
Benestar e inclusión dixital. Identificación e actuación ante os riscos para a saúde. Medidas preventivas para menores e colectivos vulnerables e a inclusión dixital.
Sostibilidade tecnolóxica. Alargando a vida dos meus dispositivos. O consumo dixital e as medidas de protección.
Marco dixital e resolución de problemas:
Personalización dos dispositivos tecnolóxicos. Configuración e mantemento do software. Resolución de problemas frecuentes.
Mellora dos dispositivos tecnolóxicos. Novos periféricos e os seus usos. Elección de ferramentas.
Tecnoloxías emerxentes.
Avaliación final e diploma de acreditación
Beneficios desta formación
Realizar trámites coa administración pública.
Crear e xestionar as túas redes sociais e facer videochamadas.
Coñecer as principais ferramentas de seguridade.
Editar vídeo e fotografía.
Ampliar o teu mercado laboral, empregando aplicacións e programas.
E moitas máis habilidades dixitais que che farán a vida máis sinxela.
A preparación necesaria para optar á obtención do ComDix. *Estes cursos formativos non outorgan directamente a certificación ComDix. Será necesario presentarse ás probas de certificación específicas convocadas pola Amtega.
Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge.
Instalar ahora un navegador compatible