Uso de cookies nas páxinas web do Concello da Coruña
Empregamos cookies propias (de sesión, de personalización, de preferencias) para mellorar a experiencia do usuario a través do sitio web e cookies de terceiros xeradas por servizos ou provedores externos ao sitio web, que recollen datos estatísticos, de uso, gustos dos usuarios, etc. Ao aceptar todas as cookies, dá o seu consentimento expreso para que as cookies propias e de terceiros sexan rexistradas e utilizadas. Ao rexeitar as cookies, acepta que só se usarán as súas propias cookies para mellorar a experiencia do usuario. Podes obter máis información, ou saber como cambiar a configuración, na nosa páxina Normas de uso
Programa de Bolsas IBM - Fundae: Certificado Análise de Datos con PowerBI
Con Power BI, poderás realizar análise de datos exhaustivos de forma dinámica, intuitiva e atractiva a través de cadros de mando. A formación é en liña.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Cando:
Primeira edición: Do 26/4/2024 ao 21/6/2024. Data límite de inscrición: 22/4/2024.
Segunda edición: Do 27/9/2024 ao 13/12/2024. Data límite de inscrición: 23/9/2024.
Prezo:
Gratuíto.
Requisitos:
Ser residente en España.
Ter máis de 18 anos.
Darase prioridade de participación ás persoas desempregadas.
Para poder realizar a formación é necesario ter un sistema operativo Windows 10 ou posterior, unha memoria de 8 GB mínimo. Recoméndase un procesador de 7ª xeración en diante.
Utilizar ferramentas de Business Intelligence para deseñar, construír e despregar solucións baseadas en datos, potenciando así a túa capacidade para tomar decisións fundamentadas en información relevante.
Obter datos desde calquera fonte, organizalos e incorporalos á plataforma Power BI. Aprenderás técnicas avanzadas de extracción, transformación e carga de datos para asegurar a súa dispoñibilidade e utilidade na análise.
Aprender a xestión do almacenamento de datos con ferramentas BI, o que che permitirá xestionar eficientemente grandes volumes de información e optimizar o seu almacenamento para un acceso rápido e efectivo.
Aplicar as ferramentas necesarias para a solución de problemas reais, aplicando análises, xestión e presentación de grandes volumes de datos. Isto facilitará unha toma de decisións efectiva baseada en datos concretos e análises detalladas.
Clases en liña en directo, que poderás ver en diferido se non podes asistir porque quedan gravadas.
Para obter o certificado emitido por IBM e Datahack é imprescindible completar os módulos obrigatorios nos que está estruturada a formación e realizar correctamente o proxecto final na data establecida para iso.
Programa
Está composto de 8 cursos, cuxos obxectivos son:
Utilizar ferramentas de Business Intelligence para deseñar, construír e despregar solucións baseadas en datos, potenciando así a túa capacidade para tomar decisións fundamentadas en información relevante.
Obter datos desde calquera fonte, organizalos e incorporalos á plataforma Power BI. Aprenderás técnicas avanzadas de extracción, transformación e carga de datos para asegurar a súa dispoñibilidade e utilidade na análise.
Aprender a xestión do almacenamento de datos con ferramentas BI, o que che permitirá xestionar eficientemente grandes volumes de información e optimizar o seu almacenamento para un acceso rápido e efectivo.
Aplicar as ferramentas necesarias para a solución de problemas reais, aplicando análises, xestión e presentación de grandes volumes de datos. Isto facilitará unha toma de decisións efectiva baseada en datos concretos e análises detalladas.
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge.
Instalar agora un navegador compatible