Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Programa de Lecer - Outono 2026

O Fórum Metropolitano e o Centro Ágora presentan a súa programación de obradoiros de lecer para o outono de 2026, que ofrece un amplo abano de propostas e actividades dirixidas a persoas adultas: arte, artesanía, literatura, teatro, música, baile, fotografía, cinema, cociña, ciencia, memoria e benestar, ademais de rutas de sendeirismo e clubs.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Dende o 28/09/2026 ata o 18/12/2026

Inscricións:

Dende o 14/09/2026 ata o 16/09/2026

Prezo:

  • 24,50€/obradoiro para maiores de 65 anos (a idade deberá cumprirse antes do inicio dos talleres, o 28 de setembro).
  • 35€/obradoiro para menores de 65 anos.

Páxina web:

https://www.coruna.gal/cultura

Contacto:

Fórum Metropolitano

R/ Río Monelos, 1. 15006- A Coruña

Tel.: 981 184 293

forummetropolitano@coruna.gal

Centro Ágora

Lugar da Gramela, 17. 15010- A Coruña

Tel.: 981 189 888

agora@coruna.gal

Documentos:

Programa Lecer Ágora (pdf) (2 MB)

Programa Lecer Fórum (pdf) (2 MB)

PROCEDEMENTO E CALENDARIO

  • Preinscrición: Do 14 de setembro ás 9:00 h ao 16 de setembro ás 20:00 h. Modo de preinscrición:
    • 1ª opción: Dende o seguinte formulario en liña.
    • 2ª opción: A través de páxina web de https://www.coruna.gal/cultura
    • 3ª opción: Facilitarase axuda presencial, de 9.00 a 14.00 h, nas zonas de recepción do Fórum e do Ágora.

*Poderase solicitar un máximo de 2 obradoiros en cada un dos centros. 

*Ao completar a preinscrición en liña, cada participante recibirá un correo electrónico coas actividades solicitadas e cun número único para o sorteo. Se a inscrición se realiza de forma presencial, o persoal comunicaralle o número á persoa nese mesmo momento.

  • Publicación das listaxes cos números do sorteo: 17 de setembro, ás 10.00 h, nas webs www.coruna.gal, www.coruna.gal/cultura e no servizo telefónico 010.
  • Sorteo público17 de setembro ás 12:00 h, nas conserxerías do Fórum e do Ágora.
  • Publicación de prazas adxudicadas e listas de espera: 18 de setembro, a partir das 10:00 h.
  • Pago da cota: 21, 22 e 23 de setembro.
  • Adxudicación das prazas vacantes nos obradoiros sen listaxe de agarda: a partir do luns 21 de setembro volverá abrirse na web o formulario de inscrición para público en xeral e farase o aboamento.
  • Adxudicación de prazas nos obradoiros con listaxe de agarda: Contactarase por correo electrónico ou por teléfono coas persoas incluídas nas listaxes de agarda para confirmar se continúan interesadas nos obradoiros solicitados. A primeira quenda de contactos realizarase o 24 de setembro e a segunda, o 28 de setembro. Realizaranse tres intentos de contacto telefónico en diferentes momentos do mesmo día. Se non se consegue establecer comunicación, pasarase á seguinte persoa da listaxe de agarda.
  • Pagamento das prazas adxudicadas a persoas das listaxes de agarda: primeira quenda o 25 ou 26 de setembro, e as da segunda quenda, o 29 ou 30 de setembro.

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión