56 resultados

Dende o 12/10/2026 ata o 24/05/2027, os luns
Dende o 08/09/2026 ata o 09/10/2026
A Fundación María José Jove organiza o taller infantil "Laboratorio de Cómics, Lettering e Ilustración" unha actividade extraescolar que potencia nos/as nenos/as a creatividade narrativa, a expresión emocional e a coordinación psicomotriz ao fusionar a escritura co debuxo.

Os cursos terán lugar o 12, 19, 26 e 27 de setembro.
Desde o 10 de agosto ás 09.00 h no seguinte formulario
A Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas da Xunta, en colaboración con Motovial, organiza a segunda edición deste curso gratuíto de condución segura de motocicletas, dirixido a motoristas co obxectivo de mellorar as súas habilidades ao guiador, fomentar unha condución máis segura e responsable e contribuír a reducir o risco de accidentes na estrada.

Dende o 01/09/2026 ata o 30/09/2026
Consultar datas de inscrición de cada curso.
A aula CeMIT (Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica) presenta a oferta de cursos presenciais que terán lugar no mes de setembro na aula CeMIT Eirís. Tamén horario de atención presencial na Aula Aberta.

Dende o 05/10/2026 ata o 27/05/2027, os xoves
Dende o 01/09/2026 ata o 03/05/2027
A Fundación María José Jove organiza "En Xogo" un espazo para mozos de 12 a 16 anos onde cada xoves convértese nunha nova aventura.Un lugar para coñecer xente, compartir momentos, descubrir xogos, superar retos e dar forma ás túas ideas.

Dende o 29/09/2026 ata o 10/12/2026
A Escola Galega de Tempo Libre abre a inscrición do curso de monitorado de actividades de tempo libre que terá lugar de luns a venres dende setembro ata decembro de 2026.

Dende o 26/09/2026 ata o 06/02/2027
A Escola Galega de Tempo Libre abre a inscrición do curso de monitor/a de actividades de tempo libre que terá lugar os sábados.

Dende o 02/10/2026 ata o 16/10/2026
Aula UNED Ferrol organiza un curso sobre o uso do teléfono, a web, as aplicacións móbiles e a intelixencia artificial en psicoterapia. Aborda as súas principais aplicacións, as adaptacións necesarias para mellorar a intervención e os aspectos éticos e legais da atención psicolóxica en formatos non presenciais. Pode seguirse en liña, tanto en directo como en diferido, sen necesidade de asistir ao centro.

20/08/2026
A Fundación Paideia Galiza organiza un novo seminario informativo para explicar en que consiste o programa de Voluntariado na UE, un proxecto enmarcado dentro do Corpo Europeo de Solidariedade. Queres saber en que consiste o programa de mobilidade europea do Corpo Europeo de Solidariedade? Que cobre? Como solicitar un proxecto?

Dende o 24/09/2026 ata o 27/09/2026
Ata o 16/08/2026
O programa CanteirIA é unha experiencia inmersiva de catro días en Ribadavia pensada para converter ideas en proxectos reais. Ao longo da formación aprenderás a crear o teu primeiro MVP empregando as ferramentas de intelixencia artificial máis actuais, sen necesidade de ter coñecementos de programación. Ademais, o programa inclúe aloxamento e manutención para que poidas centrarte por completo en desenvolver a túa idea.

Aata cubrir prazas.
A Dirección Xeral de Xuventude, integrada na Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, impulsa de novo o seu Plan Anual de Formación para o ano 2026, con formación no ámbito do voluntariado e xuventude.
resultados 56
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible