Concello da Coruña

Concello da Coruña

Información Xuvenil

Área de Benestar Social

Formación para el empleo

27 resultados

  • Programa de liderado Europa101

    programa Europe 101

    Cando:

    Dende o 26/01/2026 ata o 21/02/2026

    Inscricións:

    Ata o 21/01/2026

    D-teach en liña school organiza Europe101 un programa gratuíto de liderado en liña para mocidade de entre 16 e 30 anos de todo o continente.

  • Habilidades que marcan o futuro: construíndo o talento de mañá

    información da conferencia con imaxes dos 3 relatores

    Cando:

    26/12/2025

    A Fundación Barrié organiza esta conferencia na súa sede da Coruña.

  • Curso de redacción e oratoria para a túa vida profesional e persoal

    Caderno con lapis con goma e micrófono

    Cando:

    Dende o 22/01/2026 ata o 26/02/2026, os martes e xoves

    A Escola Superior Marcelo Macías presenta o curso “Redacción e oratoria para a túa vida profesional e persoal”, unha proposta formativa deseñada para fortalecer as habilidades de comunicación escrita e oral.

  • Programa formativo do Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia

    Logo de CNTG sobre a fotografía dunha computadora

    Inscricións:

    cada curso ou xornada ten o seu propio prazo de inscrición.

    Formación gratuíta no sector TIC do CNTG para persoas desempregadas e traballadoras, tanto na modalide en liña como presencial

  • Hubs de Activación da Empleabilidad

    Cartel cos datos do programa.

    Cando:

    O programa comeza o 20 de xaneiro de 2026.

    Inscricións:

    Ata o 19/01/2026

    Programa gratuíto de orientación laboral para axudar a persoas en desemprego a reactivar a súa procura de traballo con novas técnicas, acordes ao novo mercado laboral, para o que contan co asesoramento de persoal técnico especializado.

  • Formación Dixital

    Cartel Formación Dixital

    Formación Dixital é un programa formativo enfocado a proporcionar á cidadanía as competencias necesarias para desenvolverse plenamente no mundo dixital. Está acreditado pola Xunta de Galicia. É 100% de balde, 100% online e 100% titorizado.

  • Curso de Programación, Algoritmos e Estruturas de Datos en Python para Intelixencia Artificial

    Infografía coa palabra Python.

    Cando:

    De novembro de 2025 a febreiro de 2026.

    Este curso en liña e gratuíto, enfócase en ensinar programación, algoritmos e estrutura de datos en Python para intelixencia artificial. Está destinado a persoas novas inscritas en Garantía Xuvenil.

  • Impulsa Emprego Novo

    Cartel do proxecto coa fotografia de dúas mozas e un mozo

    Impulsa Emprego Novo é un proxecto de Axuda en Acción que xorde como unha ferramenta de acompañamento a persoas novas de entre 16 e 29 anos que buscan unha oportunidade laboral xerando, ademais, unha rede entre Administración Pública, empresas, entidades e persoas participantes no programa.

  • Programa Integrado de Emprego - Fundación Paideia

    Cartel do programa.

    Inscricións:

    Ata o 26/12/2025

    ou ata esgotar as prazas.

    A Fundación Paideia pon en marcha este programa gratuíto que ten o obxectivo de adecuar as competencias profesionais e persoais das persoas participantes aos requerimentos de mundo laboral.

  • Proxecto Activa Verde: Plan de Actuación Integral (PAI) As Pontes de García Rodríguez- Meirama

    Cartel do programa sobre a fotografía dunha muller cuns planos.

    Cando:

    Ata o 30 de novembro de 2028.

    O obxectivo deste proxecto é contribuir a paliar as repercusións econòmicas e sociais derivadas da transición enerxética, en particular no que se refire á perda de postos de traballo prevista polo peche das centrais térmicas de Meirama e As Pontes na Coruña, así como a xerar emprego de calidade.

resultados 27

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión