A Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional convoca as probas de acceso ás ensinanzas de Conservación e Restauración de Bens Culturais para o curso 2024-2025.
Para público en xeral
1º prazo de inscrición (alumnado que solicita proba substitutiva de requisito de titulación): até 21 de maio.
2º prazo de inscrición (alumnado que conta coa titulación requirida): até 25 de xuño.
64€
Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia
Rúa Xeneral Martitegui, s/n. 36002- Pontevedra
Tel.: 886 159 735
e-correo: escola.conservacion.galicia@edu.xunta.gal
https://escolaconservacion.gal
PUBLICACIÓN: DOG 25/04/2024
INSCRICIÓN: até o 21 de maio de 2024. As persoas aspirantes que non se acollan a realizar a proba que substitúe o requisito de titulación de bacharelato, poderán presentar solicitude até o 25 de xuño incluído.
Con carácter xeral, as solicitudes deberán realizarse de xeito telemático cubrindo o formulario dispoñible en www.edu.xunta.gal/eas, e empregando o certificado dixital ou sistema Chave365. Para completar o proceso de inscrición, deberase presentar unha copia da solicitude xunto coa documentación requirida na Secretaría da Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais. As persoas que só dispoñan de pasaporte deberán realizar a inscrición na secretaría da escola.
a) Persoas aspirantes que realicen as probas substitutivas de bacharelato: |
b) Persoas aspirantes que non realicen as probas substitutivas de bacharelato: |
|
|
PROBA SUBSTITUTIVA DE TITULACIÓN
A proba ten por obxecto acreditar os coñecementos e a madureza en relación cos obxectivos propios do bacharelato. Será cualificada cos termos APTO ou NON APTO. As materias da proba son:
DATAS E LUGAR DE REALIZACIÓN: o 30 de maio de 2024, no IES San Clemente de Santiago de Compostela. R/ San Clemente, s/n. 15705. Tel.: 881 867 501
* Levar o DNI e copia da folla de solicitude de inscrición.
PROBA ESPECÍFICA DE ACCESO
Terá como finalidade valorar a madureza, os coñecementos e as aptitudes para cursar con aproveitamento estas ensinanzas. A proba específica de acceso constará de 2 exercicios.
- Exercicio 1. Análise dun texto relacionado cos bens culturais, nun máximo de 90 min., que terá como obxecto apreciar a madureza e formación xeral, especialmente no referente á comprensión de conceptos, utilización da linguaxe e capacidade de síntese e relación.
A cualificación deste 1º exercicio será entre 0 e 40 puntos.
- Exercicio 2. Aptitude plástica. Constará das seguintes partes:
A cualificación deste 2º exercicio, será a media aritmética da puntuación obtida e cada parte, que se cualificará entre 0 e 20.
A cualificación global da proba resultará da media ponderada das cualificacións obtidas nos distintos exercicios. O 1º ponderarase nun 40% e o 2º nun 60%. Para a superación da proba esixirase unha cualificación global igual ou superior a 5.
DATAS E LUGAR DE REALIZACIÓN: o 5 de xullo de 2024 na Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia.
* Levar o DNI e copia da folla de solicitude de inscrición.
Os días 30/05/2024 ás 19:00 , 13/06/2024 ás 19:00
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible